Os bens arqueolóxicos, un patrimonio moi molesto. Os novos bancos panorámicos do castro de San Sebastián en Touro


A nosa dilatada historia ten deixado, espalladas, por todo o territorio do país, multitude de pegadas. As comunidades neolíticas e do Ferro monopolizaron os mellores lugares, “urbanizando” os máis fermosos miradoiros naturais. E tal empeño tiveron que no que non hai un castro é porque xa había antes unha necrópole megalítica. E falamos de varios milleiros de castros, e milleiros de mámoas repartidas polos cumios dos nosos montes.

Ante este panorama ao emprendedor político galego fáiselle moi difícil atopar un lugar no que chantar o seu propio “mellor banco do mundo” sen que se lle veñan enriba os defensores do patrimonio común.

Nesta ocasión tócanos a nós poñer a pingar aos emprendedores políticos do concello de Touro que non tiveron mellor ocorrencia que a de empregar cartos públicos para danar o parapeto da croa do castro de San Sebastián, GA15085005, instalando nel catro bancos panorámicos.

Entre todos la mataron y ella sola se murió

Cando soubemos destes feitos puxémonos en contacto co Concello de Touro para ver as posibilidades de reconducir a situación sen facer moito ruído. Falamos con varios técnicos do concello e visitamos o lugar onde falamos de novo coa concelleira de cultura. Alí comprobamos que os bancos foran instalados sobre bases de formigón que sobresaen uns 20 cm sobre o terreo e cunha profundidade que descoñecemos.

Tamén recibimos unha pequena resposta por escrito:

En relación coa información solicitada sobra a instalación dun banco no Coto de San Sebastián, cóstame que se instalaron catro bancos de madeira para uso dos visitantes da Eira do Coto, lugar cada vez máis frecuentado, xa que constitúe un mirador con grandes vistas, instalación que non afectou ao cerramento do castro -do que só se conserva unha parte- e que é o único vestixio do mesmo.

O Castro de San Sebastián sufriu ao longo de anos varias actuacións que deterioraron o seu cerramento, entre as máis importantes: o acondicionamento do terreo para celebración de festas, a construción dun acceso pavimentado, a instalación de dous reemisores de televisión e telefonía (cos seus tendidos de alimentación eléctrica e de telecomunicacións), etc. polo que a instalacións dos bancos de madeira non altera nada o seu valor e, en cambio, si favorece aos visitantes -sobre todo os que suben a pé- para repoñer enerxías e contemplar a paisaxe.

Non obstante, recomendaríavos unha visita ao lugar para comprobar in situ as circunstancias expostas.

Na última comunicación co Concello informándonos da súa intención de tentar legalizar a colocación dos bancos.

Procedemos a facer públicos estes feitos e a denuncialos ante a Delegación Territorial da Dirección Xeral de Patrimonio, pedíndolles que adopten as medidas necesarias para sancionar e corrixir este atentado contra o noso patrimonio e a nosa memoria común.

One thought on “Os bens arqueolóxicos, un patrimonio moi molesto. Os novos bancos panorámicos do castro de San Sebastián en Touro

  1. Rita e Jose María di:

    Hai que ser ben marulo para facer iso. Agora todo dios quere ter o seu puto banco máis bonito do mundo. Canta razón tiña Laxeiro ao dicir: Galicia que fermoso país, pero que carallo de xente!!!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.