PETRÓGLIFO DE AGRO VELLO – MOUROMORTO – CALO – TEO

Localización:
Coordenadas UTM: 29 T 532669 4739871
Novo petróglifo no Concello de Teo localizado por dous veciños da parroquia de Calo.
Os gravados atópanse nun con granítico de 4,40 x 3,50 m situado na zona central dunha parcela de monte practicamente chá situada na paraxe de Agro Vello no lugar de Mouromorto – Calo (Concello de Teo).
Descrición:
Os motivos localizados nesta estación consisten exclusivamente en coviñas. O seu diámetro oscila entre os 5 e 6 cm e presentan entre 2 e 3 cm de fondo.
A superficie gravada é a parte superior, central e prominente do penedo onde figuran 14 coviñas dispostas de xeito irregular nun espazo que ocupa uns 90 cm de lonxitude e 30 de ancho.
Todas as coviñas figuran ó lado esquerdo dunha diáclase que percorre e divide a zona superior da rocha. A orientación xeral do conxunto é N-S.
Parte da laxe está cuberta con musgo pero o estado xeral de conservación da estación é boa.