PETRÓGLIFO DO CRUCEIRO VELLO-MOUROMORTO
Localízase esta laxe ó carón dun camiño. O gravado sitúase na zona central dunha pena pouco destacada sob a tona da terra. Polo día non é difícil observar unha combinación circular duns 60 cms de diámetro formada por cinco círculos concéntricos e cazoleta central da que parten catro radios ata o círculo exterior. A poucos centímetros ó norleste do círculo externo pode verse outra pequena cazoleta.
UTM: 29 T 532965 4739879
De noite, con luz artificial rasante, pode observarse ó norte da combinación circular de maiores dimensións unha segunda combinación de pequenas dimensións composta dun só círculo con coviña central, así como outras coviñas illadas noutras partes do soporte. Ó sur do motivo central consérvase outro conxunto de sucos indeterminados de difícil lectura.
***As fotografías que aparecen neste folleto son cortesía do Colectivo “A Rula” e os deseños foron realizados polos arqueólogos Enrique Álvarez Neira para o petróglifo de Mouromorto, Antonio de La Peña Santos para as Estacións de Río Angueira e Jorge Guitián Castromil para o Petróglifo de Outeiro do Corno.
funo ver o outro día, costoume encontralo pero din con el¡