Amplíase o catálogo de estacións rupestres do concello de Santiago ca descuberta dunha nova laxe con gravados localizada no norte do municipio polo veciño Alfonso Conde, ao que lle agradecemos tivese pensado en nós para realizar o seu estudo. Nesta nova estación destaca a presenza da representación dunha alabarda, o que a convirte na terceira estación rupestre da comarca con armas coñecida, xunto co Castriño de Conxo descuberta no ano 1935 e o Outeiro do Corno teense publicada no ano 2004 e descuberta nos anos 50 do pasado século.… Read More O petróglifo do Roxido. Un novo petróglifo de armas en Compostela