Unha inscrición altomedieval inédita na igrexa de Santa María de Dodro


Na vertente dereita do río Ulla, cerca da súa desembocadura, o concello de Dodro atesoura valiosos espazos naturais e un rico patrimonio cultural, do que, en parte, xa nos ocupamos con anterioridade e, que está a recibir pouco a pouco a atención que merece nestesúltimos anos, o cal alédanos moito. A pesar dos numerosos vestixios… Read More Unha inscrición altomedieval inédita na igrexa de Santa María de Dodro

A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I


“Algunos tenemos fe y hacemos memoria en favor de la historia que nos queremos creer”. Algunos tenemos fe. Viva Suecia Proseguimos no concello da Baña coa revisión que estamos a facer da arte rupestre dos concellos limítrofes coa comarca de Santiago. Nesta ocasión, ocupámonos dos 9 xacementos arqueolóxicos da Baña recollidos no Plan Básico Autonómico… Read More A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I

Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional


1) Enfocando ás Terras de Compostela O monte de Villestro-Ventosa, nos concellos de Ames e Santiago, acolle unha destacable concentración de arte rupestre prehistórica, constituíndo un dos núcleos rupestres das terras de Compostela, xunto a outra área similar no concello de Teo, no Monte Piquiño – Rio Loureiro. Nos montes con arte rupestre destes concellos… Read More Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional

Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela


O Monte San Miguel é vizoso en toxo, eucaliptos e petróglifos, unha mestura de difícil equilibrio. O actual abandono, case xeneralizado das pequenas parcelas de propiedade privada nas que se divide, dificulta moito a conservación e investigación da súa arte rupestre. Así é que, despois de case 10 anos das primeiras estacións descubertas no lugar,… Read More Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela

Novas estacións rupestres en Montouto, Teo


Comeza o ano 2021 e queremos facelo con renovadas arelas e ganas de mudar as cousas. E non concibimos mellor maneira que achegando información sobre estes novos petróglifos localizados na comarca compostelá, descuberta que nos enche de ledicia. O alto de Montouto, enclave paisaxístico e histórico O alto de Montouto e a súa aba constitúen… Read More Novas estacións rupestres en Montouto, Teo

A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes


Moitas grazas a Ana Lombao polo fermoso debuxo da cabeza. Que o esquecemento é compañeiro inseparable do paso do tempo é ben sabido. Mais, neste eterno proceso de desmemoria, de cando en vez, algún modesto obxecto teima en permanecer entre nós, recordos de tempos pasados dos que descoñecemos moito máis do que sabemos. O valor… Read More A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes

Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa

A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción


A descuberta da área arqueolóxica da Devesa da Rula tivo lugar cando este colectivo daba os seus primeiros pasos. Daquela pareceunos oportuno adoptar o nome daquela ladeira do monte San Miguel na Portela de Villestro como un xeito de reivindicar a súa relevancia no contexto da arte rupestre da nosa comarca. Convencidos da necesidade de… Read More A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción

Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son


“Na miña vida tal vin Nesa aldea de Seráns: Unha cadela con pitos, Unha galiña con cans”. Cantiga recollida por Fermín Bouza Brey no ano 1929 O pasado mes de agosto achegámonos xunto co amigo e colaborador, o infatigábel investigador, Henrique Neira ata Seráns, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no sur do… Read More Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son

Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela


Non é o de Negreira un concello no que se coñezan moitas mostras de arte rupestre prehistórica. Así, no catálogo do Plan Básico Autonómico só atopamos unha referencia na parroquia de Santa María de Portor, no seu límite norte co concello da Baña, o denominado petróglifo de Lagarteiras. E ata alí nos achegamos co ánimo… Read More Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela

O Marco da Eira de Mouros no concello ourensán de Cenlle en PERIGO


Non é a comarca do Ribeiro especialmente rica en arte rupestre prehistórica, pero algúns gravados si que son coñecidos desde hai certo tempo. O primeiro xacemento deste tipo coñecido foi o gravado de Vide cuxo debuxo remite á Real Academia de la Historia o seu correspondente Ramón Barros Sibelo nun comunicado de 11 de maio de… Read More O Marco da Eira de Mouros no concello ourensán de Cenlle en PERIGO

O camiño tradicional de Santa Clara en Cornide parcialmente arrasado


Ó longo das dúas últimas décadas os camiños tradicionais teenses, e os de boa parte do noso país, foron desaparecendo lentamente por diferentes motivos. Primeiro a concentración de montes que trouxo consigo a substitución dos vellos sendeiros e corredoiras lousadas por pistas. Despois chegou a febre dos anos noventa e da primeira década do século… Read More O camiño tradicional de Santa Clara en Cornide parcialmente arrasado

A estación do Monte San Lois e o “banco panorámico”. Primeiro petróglifo localizado no concello de Noia


Dedicado ás mulleres da Barquiña, núcleo orixinario de Noia, visible desde este lugar Diferentes formas de descubrir o Monte San Lois Nunha visita ao Monte San Lois, emblemático monte na ría de Noia, na procura de conexións visuais entre este monte e o Monte Louro, atopamos uns gravados prehistóricos ata o de agora non catalogados.… Read More A estación do Monte San Lois e o “banco panorámico”. Primeiro petróglifo localizado no concello de Noia

A mámoa do Porto. Nova localización en Tordoia


No mes de agosto do ano pasado achegámonos ata as terras de Tordoia para botarlle unha ollada á Pedra Longa. O párroco Manuel Chouciño estivera días antes a pescudar nesta impresionante formación xeolóxica na procura de marcas, gravados dos que dan conta antigos escritos e ditos que se conservaron entre os veciños da parroquia de… Read More A mámoa do Porto. Nova localización en Tordoia

O marco da Potra, un miliario romano entre Teo e Vedra


Unha vez máis, grazas ó mestre e investigador Guillermo Raviña, veciño da parroquia de Bamonde, descubrimos a existencia deste antigo marco situado na aldea de Lamas (Bamonde – Teo). Segundo as fontes orais recompiladas un marco que existía “dende sempre”, sendo moi coñecido entre a veciñanza máis maior da contorna. “Contan que levaban as vacas… Read More O marco da Potra, un miliario romano entre Teo e Vedra

Os petróglifos da Fonte Matanzas no monte Espiñeira, Compostela


A miúdo ése inxusto por omisión, e non só por acción. Marco Aurelio Para a análise das novas estacións de arte rupestre é imprescindible a consulta de diversas fontes cartográficas. Neste senso, a capa WMS do Plan Básico Autonómico da Xunta permítenos analizar, a través de diversos sistemas de información xeográfica (XIG), a xeolocalización dos… Read More Os petróglifos da Fonte Matanzas no monte Espiñeira, Compostela

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) III. O petróglifo dos Gorgulliños


Hai certas regras informais, non escritas, en ocasións non facilmente demostrables pero que, a forza de repetirse, non deberían tomarse á lixeira. No eido dos petróglifos unha desas regras é a que di que onde hai un petróglifo adoita haber máis. Por iso, unha vez localizamos as estacións da Casa do Frade, non podíamos deixar… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) III. O petróglifo dos Gorgulliños

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova


“A imaxinación non sabería inventar tantas e tan variadas contradicións como existen naturalmente no corazón de cada un”. François de la Rochefocauld Recuperadas as nosas forzas, días despois continuamos na procura dos gravados que hai máis de 25 anos visitaran Fernando Alonso en compaña de Luís Monteagudo, descubridor da laxe principal da área arqueolóxica de… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I


Hai propostas que non se poden rexeitar, e máis se quen a fai é alguén como o profesor Fernando Alonso Romero. E si ademais, a proposta consiste na visita dun petróglifo compostelán descoñecido para nós, a obriga de atender á demanda é, si cabe, maior. Así, aceptamos sen pensalo moito e presentámonos puntuais á cita dominical co insigne… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I

O Petróglifo das Forcadas en Corme, o valor da vontade


Unha vez máis achegámonos á Costa da Morte, á península de Corme, cultivando un saudable hábito que, para o Colectivo, estase a converter nun frutífero costume. Acudimos ao novo convite do concelleiro de Educación e Patrimonio do Concello de Ponteceso, Carlos Penedo. Visita que conta tamén, non podía ser doutro xeito, coa inestimable participación do inquedo… Read More O Petróglifo das Forcadas en Corme, o valor da vontade

Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames


A localización de laxes con arte rupestre nos castros galegos non é, nin moito menos, un feito inusual. Tanto é así que uns dos petróglifos que primeiro chamaron a atención dos eruditos, a principios do século pasado, foron os localizados no castro de Santa Tegra [1], gravados que serviron de base para a elaboración de diferentes propostas cronolóxicas… Read More Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames

Trece novos petróglifos localizados no concello de Ames


Achegamos, a continuación, unha primeira aproximación a un total de 13 novas estacións de gravuras rupestres localizadas neste último ano no concello de Ames, e queremos iniciar este breve relatorio agradecendo ós nosos informantes ás súas achegas e xenerosidade: A Pilar de Aldea nova  a información relativa ós achados de Monte Grande e a Cruz do Monte da Costa, ó compañeiro Moncho Pereira pola información… Read More Trece novos petróglifos localizados no concello de Ames

Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo


En lembranza de todos aqueles, que como Roberto Mouzo, loitaron e loitan por defender, protexer e divulgar o patrimonio cultural da Costa da Morte O Colectivo A Rula regresa a Vimianzo nunha nova xeira nocturna polos petróglifos deste termo municipal que terá lugar o vindeiro sábado 14 de xullo. Non podiamos desaproveitar a ocasión de… Read More Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo

Chan de Lamas. O primeiro gran cervo da Estrada


Introdución O excepcional petróglifo do Chan de Lamas convértese na última gran achega ao catálogo patrimonial do Concello da Estrada. Un termo municipal de enorme extensión no que se conservan centos de bens culturais. Como sinala a propia guía turística do Concello: “a Estrada ofrece ao visitante con interese polo patrimonio tantas opcións que lle… Read More Chan de Lamas. O primeiro gran cervo da Estrada

Os Petróglifos de Mallos en Santa María de Teo


Situación A estación de arte rupestre coñecida baixo as denominacións de “Laxe da Estivada de Abaixo”, “Laxe da Estivada de Mallos”, “Laxe de Abaixo” ou simplemente “Petróglifo de Mallos”, emprázase no lugar de Mallos na parroquia de Santa María de Teo, coordenadas UTM: 29 T 539261 4733831 [1] e a unha altura de 83 m.s.n.m.… Read More Os Petróglifos de Mallos en Santa María de Teo

Os gravados rupestres na contorna da Torre de Hércules


Este artigo foi elaborado a proposta da revista Jael Joyas de Galicia , publicándose nunha versión resumida adaptada ó formato da revista e que podedes consultar no seguinte enderezo:  Revista Jael Joyas de Galicia, 12. Localización dos gravados coruñeses. No extremo norte da cidade herculina e desafiando as ondas do Atlántico no agreste litoral do Golfo… Read More Os gravados rupestres na contorna da Torre de Hércules

Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.


A Rula voa de novo cara novos horizontes detrás de antigos misterios que noutrora ilustres viaxeiros deixaron pendentes. Os membros deste pequeno Colectivo sentimos especial devoción por aqueles recunchos do país nos que agroman antigos lugares que forman parte intrínseca da nosa historia aínda que ás veces non nos decatemos con facilidade, e, cómpre por… Read More Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.

Ruta polos petróglifos da Fieiteira


Preto de medio cento de persoas participaron na visita que comezou ó solpor do sábado e rematou ben pasada a media noite.   Na noite do pasado sábado tivo lugar a primeira ruta nocturna ós petróglifos do Outeiro da Fieiteira, organizada polo Concello de Ponteceso en colaboración coa asociación cultural Colectivo A Rula da comarca… Read More Ruta polos petróglifos da Fieiteira

A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela


No Colectivo A Rula tiñamos sospeitas de que máis tarde ou máis cedo aparecerían no termo municipal de Compostela máis representacións de tipo naturalista pero non imaxinábamos que tivese estas dimensións e relevancia. De feito, no seu día escollimos como logo da nosa pequena comunidade o único zoomorfo localizado ate ese intre nas terras de… Read More A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela

Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!


Comprácenos anunciar que o vindeiro sábado 16 de xullo visitaremos a recentemente “redescuberta” estación de arte rupestre prehistórica do Monte Castelo na parroquia de Covas, Ames. Será a primeira ruta nocturna nas terras amienses organizada polo Colectivo A Rula e o Concello de Ames pero agardemos que só sexa a primeira de futuras colaboracións. A… Read More Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!

Visita nocturna pola Devesa da Rula


Comeza o verán e cumprimos o terceiro aniversario do Colectivo. Que mellor momento para anunciarvos a primeira das nosas xeiras nocturnas pola comarca neste xullo que prognostican caloroso. Iniciamos o noso periplo polo noso patio de xogos particular, a Devesa da Rula, o próximo sábado 9 de xullo. Será unha nova noite de estrelas e petróglifos… Read More Visita nocturna pola Devesa da Rula

“A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas


“A Loba (2001-2016), membro animal fundador do Colectivo, que nos acaba de deixar na procura dos misterios que se agochan nos solsticios.” A descuberta da Pedra da Grada No sempre dinámico panorama dos estudos da arte rupestre galaica xorden a cotío novidades que evidencian as limitacións que presenta o actual catálogo de xacementos de arte… Read More “A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas

A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra


Entre as moitas especificidades que conforman a personalidade propia da nosa arte rupestre prehistórica ocupa un lugar destacado un conxunto de estacións con paneis con representacións exclusivamente de armas. Cuantitativamente son un conxunto minoritario dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre mais por diversas causas teñen sido obxecto desde sempre dunha atención preferente por parte… Read More A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra

Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.


O pasado sábado 3 de outubro tivo lugar no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro o primeiro obradoiro de iniciación á fotografía de Petróglifos. Pouco tempo atrás, cando o equipo que dirixe o parque nos propuxera a súa realización, só intuímos as dificultades que entrañaba levalo a cabo pero tamén sabiamos que dun xeito… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.

II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.


Logo de rematar esta segunda edición da ruta ós petróglifos teenses, é difícil sentirnos máis recompensados cos resultados acadados, incluso por riba das nosas ambiciosas expectativas iniciais. Nas dúas xeiras houbo cheo absoluto de participantes, sendo imposible acoller a un maior número por razóns técnicas e de seguridade. Malia todo, máis de 150 persoas puideron… Read More II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.

II andaina ós petróglifos de Teo.


Unha vez máis presentamos da man do Concello de Teo a segunda andaina nocturna para que coñezades algún dos petróglifos teenses máis interesantes. Trátase dunha nova edición das xornadas que organizamos xa hai dous anos nas que despois dunha charla introdutoria nas instalacións da Casa Grande de Cornide sobre a arte rupestre prehistórica na comarca… Read More II andaina ós petróglifos de Teo.

A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.


A localización do Petróglifo de Monte Castelo despois de 60 anos en paradoiro descoñecido. Entre as laxes esquecidas e consideradas como desaparecidas nos montes da comarca compostelá figuraba en letras maiúsculas a case lendaria laxe dúas do Monte das Pedras ou do Monte Castelo descuberta por Oscar Lojo Batalla a principios do século XX na parroquia… Read More A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense

Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula


O pasado venres 8 de maio máis de 30 persoas achegáronse ata o Centro de Interpretación de Villestro en resposta á nosa convocatoria. Xuntos visitamos a exposición do CIVI e a continuación dirixímonos ata a Ponte da Brea, lugar desde o que iniciamos unha pequena ruta pola Portela de Villestro. A nosa primeira visita foi… Read More Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula

A caza do Cervo. Rockartroll e as súas propostas express


O pasado mes de decembro tivemos o pracer de participar nunha visita piloto a algún dos xacementos rupestres máis importantes da provincia de Pontevedra, baixo o título  “ A caza do Cervo”. Esta proposta elaborada e desenvolvida polos membros do proxecto Rockartroll, os arqueólogos Juan Anca e Leonardo González, tiña como obxecto pór a proba… Read More A caza do Cervo. Rockartroll e as súas propostas express