Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I


Hai propostas que non se poden rexeitar, e máis se quen a fai é alguén como o profesor Fernando Alonso Romero. E si ademais, a proposta consiste na visita dun petróglifo compostelán descoñecido para nós, a obriga de atender á demanda é, si cabe, maior. Así, aceptamos sen pensalo moito e presentámonos puntuais á cita dominical co insigne… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I

O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.


A primeira hora do pasado mércores 15 de maio recibimos unhas fotografías de varios gravados do Castriño de Conxo danados, algúns completamente riscados. Esa mesma tarde non tardamos en achegarnos ata alí para facer unha primeira análise dos danos. A primeira vista observamos graves alteracións na pátina de catro figuras situadas no panel inferior da… Read More O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.

O Petróglifo das Forcadas en Corme, o valor da vontade


Unha vez máis achegámonos á Costa da Morte, á península de Corme, cultivando un saudable hábito que, para o Colectivo, estase a converter nun frutífero costume. Acudimos ao novo convite do concelleiro de Educación e Patrimonio do Concello de Ponteceso, Carlos Penedo. Visita que conta tamén, non podía ser doutro xeito, coa inestimable participación do inquedo… Read More O Petróglifo das Forcadas en Corme, o valor da vontade

Novas achegas ó inventario de arte rupestre nas terras de Trasdeza


1- Introdución O elevado número de estacións rexistradas e a diversidade dos motivos insculturados conservados nelas fan da terra de Trasdeza un enclave de referencia para os estudos da arte rupestre na Galiza interior, só comparable á zona do Farelo no linde entre as provincias de Lugo (Antas de Ulla) e Pontevedra (Agolada). Dende a… Read More Novas achegas ó inventario de arte rupestre nas terras de Trasdeza

Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames


A localización de laxes con arte rupestre nos castros galegos non é, nin moito menos, un feito inusual. Tanto é así que uns dos petróglifos que primeiro chamaron a atención dos eruditos, a principios do século pasado, foron os localizados no castro de Santa Tegra [1], gravados que serviron de base para a elaboración de diferentes propostas cronolóxicas… Read More Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames

Viva el Donostia FC!!!


Pescudando na áspera superficie dos perpiaños graníticos que conforman as rúas, prazas e recunchos da améndoa de Compostela, na procura de taboleiros de xogo de tempos do barroco, temos topado con gravados moi diversos: fragmentos reutilizados de lápidas sepulcrais renacentistas, de inscricións medievais e modernas, simples iniciais, siglas políticas do século XX, nomes, cruces e… Read More Viva el Donostia FC!!!

Trece novos petróglifos localizados no concello de Ames


Achegamos, a continuación, unha primeira aproximación a un total de 13 novas estacións de gravuras rupestres localizadas neste último ano no concello de Ames, e queremos iniciar este breve relatorio agradecendo ós nosos informantes ás súas achegas e xenerosidade: A Pilar de Aldea nova  a información relativa ós achados de Monte Grande e a Cruz do Monte da Costa, ó compañeiro Moncho Pereira pola información… Read More Trece novos petróglifos localizados no concello de Ames

Gargamala, continúa imparable a destrución do noso patrimonio arqueolóxico


Contexto xeral Estamos perante unha das áreas arqueolóxicas con arte rupestre de maiores dimensións do interior de Galicia. Medio cento de petróglifos e unha necrópole megalítica situada nos montes da parroquia de Santa María de Gargamala na zona norte do concello de Mondariz, linde natural coa Serra do Suído. Presentan un amplo repertorio de motivos… Read More Gargamala, continúa imparable a destrución do noso patrimonio arqueolóxico

Día Internacional do Patrimonio 2018. Visita ó Petróglifo do Castriño de Conxo


O vindeiro sábado 17 de novembro con motivo da celebración do Día internacional do Patrimonio e dentro da iniciativa conxunta dos membros da Rede do Patrimonio Cultural, o Colectivo A Rula xunto co Concello de Santiago de Compostela, a través da súa Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, convidámosvos a… Read More Día Internacional do Patrimonio 2018. Visita ó Petróglifo do Castriño de Conxo

O sartego medieval de Santa Mariña de Ameixenda


Na igrexa parroquial de Santa Mariña de Ameixenda, no lugar do Vilar, consérvase un interesante sartego antropomorfo monolítico de tradición xermánica. Atópase pegado ó muro norte da igrexa diante da sancristía, levantada no ano 1697, que alterou a primitiva fábrica románica do templo. A pesares das importantes reformas levadas a cabo en tempos do barroco,… Read More O sartego medieval de Santa Mariña de Ameixenda

Outeiro dos Furados, novos petróglifos no Concello de Muros. A arte rupestre muradá, un patrimonio ameazado


Xeira en Muros O pasado día 13 de agosto Avi Formoso, veciño de Muros, comunicábanos a localización dunha posible nova estación de arte rupestre no seu Concello, situada na paraxe dos “Furados” á beira do Regato de San Xoán, na parroquia de Serres. Avi é un gran coñecedor dos montes deste concello pois é un apaixonado… Read More Outeiro dos Furados, novos petróglifos no Concello de Muros. A arte rupestre muradá, un patrimonio ameazado

Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo


En lembranza de todos aqueles, que como Roberto Mouzo, loitaron e loitan por defender, protexer e divulgar o patrimonio cultural da Costa da Morte O Colectivo A Rula regresa a Vimianzo nunha nova xeira nocturna polos petróglifos deste termo municipal que terá lugar o vindeiro sábado 14 de xullo. Non podiamos desaproveitar a ocasión de… Read More Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo

Chan de Lamas. O primeiro gran cervo da Estrada


Introdución O excepcional petróglifo do Chan de Lamas convértese na última gran achega ao catálogo patrimonial do Concello da Estrada. Un termo municipal de enorme extensión no que se conservan centos de bens culturais. Como sinala a propia guía turística do Concello: “a Estrada ofrece ao visitante con interese polo patrimonio tantas opcións que lle… Read More Chan de Lamas. O primeiro gran cervo da Estrada

Visita á Devesa da Rula cos nenos de 3º do CEIP de Roxos. 2018


Convencidos de que o futuro está nas mans dos nenos, aceptamos un ano máis a petición dos profesores da Escola de Primaria de Roxos para acompañalos ao núcleo central da Arte Rupestre Compostelá: O Val de Villestro. e quedamos citados para a mañá do luns 18 de xullo. Desprovistos do cinismo e desilusión que moitos… Read More Visita á Devesa da Rula cos nenos de 3º do CEIP de Roxos. 2018

Novos petróglifos no val de Folgoso, Compostela.


Pouco a pouco imos completando o catálogo da arte rupestre da nosa comarca. Cremos firmemente que a elaboración dun catálogo o máis completo posible é a base imprescindible para afrontar con garantías estudos de conxunto [1] que aporten luz ás moitas incógnitas que, a día de hoxe, seguen a rodear a estes símbolos gravados na… Read More Novos petróglifos no val de Folgoso, Compostela.

Os Petróglifos de Mallos en Santa María de Teo


Situación A estación de arte rupestre coñecida baixo as denominacións de “Laxe da Estivada de Abaixo”, “Laxe da Estivada de Mallos”, “Laxe de Abaixo” ou simplemente “Petróglifo de Mallos”, emprázase no lugar de Mallos na parroquia de Santa María de Teo, coordenadas UTM: 29 T 539261 4733831 [1] e a unha altura de 83 m.s.n.m.… Read More Os Petróglifos de Mallos en Santa María de Teo

Primeira aproximación aos taboleiros de xogo da Compostela barroca.


Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO, no ano 1985. Tal consideración levou, nos anos seguintes, a un considerable aumento do interese nela por parte de eruditos e investigadores das máis diversas ramas do saber, multiplicándose desde aquela as publicacións e… Read More Primeira aproximación aos taboleiros de xogo da Compostela barroca.

A Pena Furada, o primeiro petróglifo do Concello de Touro


O traballo de documentación dunha nova ruta de sendeirismo na ribeira media do Ulla levou ós técnicos do concello de Touro á localización dunha nova mostra de arte rupestre do grupo galaico de enorme interese pola súa situación, historia, morfoloxía e soporte. Os veciños das parroquias de San Martiño de Calvos de Socamiño e Santa… Read More A Pena Furada, o primeiro petróglifo do Concello de Touro

Solsticio de inverno no Monte Piquiño


Achegámosvos unhas imaxes e vídeo dunha aliñación arqueoastronómica no solsticio de inverno entre os outeiros do Meau e o Outeiro do Ledo na área arqueolóxica do Monte Piquiño no Concello de Teo. Dende o Petróglifo do Meau puidemos contemplar a saída do sol xusto por riba da peneda do petróglifo do Trono do Raíña situado… Read More Solsticio de inverno no Monte Piquiño

Os gravados rupestres na contorna da Torre de Hércules


Este artigo foi elaborado a proposta da revista Jael Joyas de Galicia , publicándose nunha versión resumida adaptada ó formato da revista e que podedes consultar no seguinte enderezo:  Revista Jael Joyas de Galicia, 12. Localización dos gravados coruñeses. No extremo norte da cidade herculina e desafiando as ondas do Atlántico no agreste litoral do Golfo… Read More Os gravados rupestres na contorna da Torre de Hércules

Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.


A Rula voa de novo cara novos horizontes detrás de antigos misterios que noutrora ilustres viaxeiros deixaron pendentes. Os membros deste pequeno Colectivo sentimos especial devoción por aqueles recunchos do país nos que agroman antigos lugares que forman parte intrínseca da nosa historia aínda que ás veces non nos decatemos con facilidade, e, cómpre por… Read More Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.

Créase a Rede do Patrimonio Cultural


As estatísticas, informes e novas de prensa amosan que o ritmo de destrución do noso patrimonio é alarmante nestes últimos anos. Un feito irreversible que supón a perda de múltiples oportunidades de desenvolvemento social, económico, turístico, cultural e de proxección cara o exterior. O desleixo institucional cara o noso patrimonio xunto coas desacertadas políticas forestais propicia a… Read More Créase a Rede do Patrimonio Cultural

Agro do Campo 3. Un novo petróglifo ó pé do Camiño xacobeo de Fisterra


O incendio do pasado mes de xullo provocou danos irreversibles e irreparables no patrimonio cultural do Monte San Miguel e no val da Portela de Villestro. Só foi un capítulo máis dunha longa vaga de incendios que afectan o noso país verán tras verán e que producen importantes danos no eido humano, económico, medioambiental, paisaxístico,… Read More Agro do Campo 3. Un novo petróglifo ó pé do Camiño xacobeo de Fisterra

As faixas de protección do patrimonio no monte: a transformación dunha debilidade nunha oportunidade para unha infraestructura verde(social e ecosistémica)


Os incendios forestais do verán de 2016 afectaron gravemente a moitas áreas de petróglifos galegos. Este rico patrimonio cultural está en serio risco de desaparición, así como os miles de castros e mámoas espalladas polos nosos montes, que tamén están nun estado de abandono case xeralizado. A arte rupestre galega ao ar libre pode datarse… Read More As faixas de protección do patrimonio no monte: a transformación dunha debilidade nunha oportunidade para unha infraestructura verde(social e ecosistémica)

Petróglifos e lumes forestais


O pasado mércores día 26 tivemos a ocasión de participar nunha interesante xornada organizada por “Compostela Aberta”, co título de “Petróglifos e lumes forestais: xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Santiago de Compostela”. Logo da terrible vaga de lumes do pasado verán, con lamentable incidencia na área arqueolóxica da Portela de Villestro no… Read More Petróglifos e lumes forestais

Teo e Ames protexen o seu patrimonio


Hoxe por fin toca darvos boas novas diante dunha prometedora fin de semana cargada de actividades e bo tempo. Nos últimos meses os concellos de Ames e Teo realizaron importantes melloras na situación xeral dos principais xacementos de arte rupestre situados nos seus termos municipais. Estes traballos son o primeiro e importantísimo paso dun conxunto… Read More Teo e Ames protexen o seu patrimonio

Ruta polos petróglifos da Fieiteira


Preto de medio cento de persoas participaron na visita que comezou ó solpor do sábado e rematou ben pasada a media noite.   Na noite do pasado sábado tivo lugar a primeira ruta nocturna ós petróglifos do Outeiro da Fieiteira, organizada polo Concello de Ponteceso en colaboración coa asociación cultural Colectivo A Rula da comarca… Read More Ruta polos petróglifos da Fieiteira

Agresións ós petróglifos do Concello de Teo


Hai só uns días recibimos as malas novas dunha nova agresión en dúas das estacións de gravados rupestres máis relevantes do Concello de Teo, o petróglifo de Outeiro de Corno en Regoufe (Luou) e Río Angueira en Cornide (Calo). A través do noso correo, Javier C.F. remitiunos as fotos que acompañan esta pequena entrada no… Read More Agresións ós petróglifos do Concello de Teo

A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela


No Colectivo A Rula tiñamos sospeitas de que máis tarde ou máis cedo aparecerían no termo municipal de Compostela máis representacións de tipo naturalista pero non imaxinábamos que tivese estas dimensións e relevancia. De feito, no seu día escollimos como logo da nosa pequena comunidade o único zoomorfo localizado ate ese intre nas terras de… Read More A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela

Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!


Comprácenos anunciar que o vindeiro sábado 16 de xullo visitaremos a recentemente “redescuberta” estación de arte rupestre prehistórica do Monte Castelo na parroquia de Covas, Ames. Será a primeira ruta nocturna nas terras amienses organizada polo Colectivo A Rula e o Concello de Ames pero agardemos que só sexa a primeira de futuras colaboracións. A… Read More Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!

Visita nocturna pola Devesa da Rula


Comeza o verán e cumprimos o terceiro aniversario do Colectivo. Que mellor momento para anunciarvos a primeira das nosas xeiras nocturnas pola comarca neste xullo que prognostican caloroso. Iniciamos o noso periplo polo noso patio de xogos particular, a Devesa da Rula, o próximo sábado 9 de xullo. Será unha nova noite de estrelas e petróglifos… Read More Visita nocturna pola Devesa da Rula

“A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas


“A Loba (2001-2016), membro animal fundador do Colectivo, que nos acaba de deixar na procura dos misterios que se agochan nos solsticios.” A descuberta da Pedra da Grada No sempre dinámico panorama dos estudos da arte rupestre galaica xorden a cotío novidades que evidencian as limitacións que presenta o actual catálogo de xacementos de arte… Read More “A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas

Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme


Convidados pola Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso achegámonos a unha das zonas de arte rupestre máis singulares do país, o Promontorio de Corme, na zona máis oriental da Costa da Morte. Guiados polo polifacético Suso Lista, veciño e gran coñecedor da zona, e na compaña do alcalde, Xosé Lois García Carballido e… Read More Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme

A Pena Bicuda de Loureiro, arte rupestre no Monte Piquiño


O petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro é a estación de arte rupestre ó ar libre de maior interese da área arqueolóxica do Monte Piquiño situada entre as aldeas de Regoufe e Loureiro na parroquia de Luou no Concello de Teo. Na actualidade coñecemos na zona dez estacións con arte rupestre prehistórica, case a metade… Read More A Pena Bicuda de Loureiro, arte rupestre no Monte Piquiño

A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra


Entre as moitas especificidades que conforman a personalidade propia da nosa arte rupestre prehistórica ocupa un lugar destacado un conxunto de estacións con paneis con representacións exclusivamente de armas. Cuantitativamente son un conxunto minoritario dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre mais por diversas causas teñen sido obxecto desde sempre dunha atención preferente por parte… Read More A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra

Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.


O pasado sábado 3 de outubro tivo lugar no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro o primeiro obradoiro de iniciación á fotografía de Petróglifos. Pouco tempo atrás, cando o equipo que dirixe o parque nos propuxera a súa realización, só intuímos as dificultades que entrañaba levalo a cabo pero tamén sabiamos que dun xeito… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.

II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.


Logo de rematar esta segunda edición da ruta ós petróglifos teenses, é difícil sentirnos máis recompensados cos resultados acadados, incluso por riba das nosas ambiciosas expectativas iniciais. Nas dúas xeiras houbo cheo absoluto de participantes, sendo imposible acoller a un maior número por razóns técnicas e de seguridade. Malia todo, máis de 150 persoas puideron… Read More II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.

Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, mestre da arqueoloxía galega, nos 100 anos do seu nacemento.


Este ano celébrase o centenario do nacemento de don Ramón Sobrino Lorenzo Ruza (1915-1959), ante tal efeméride o noso colectivo non pode desaproveitar a oportunidade de renderlle unha merecida homenaxe a un dos grandes referentes no estudo da arte rupestre en Galicia, continuador do labor iniciado polo sei pai, Ramón Sobrino Buhigas, autor do famoso… Read More Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, mestre da arqueoloxía galega, nos 100 anos do seu nacemento.

II andaina ós petróglifos de Teo.


Unha vez máis presentamos da man do Concello de Teo a segunda andaina nocturna para que coñezades algún dos petróglifos teenses máis interesantes. Trátase dunha nova edición das xornadas que organizamos xa hai dous anos nas que despois dunha charla introdutoria nas instalacións da Casa Grande de Cornide sobre a arte rupestre prehistórica na comarca… Read More II andaina ós petróglifos de Teo.

Obradoiro de Iniciación á fotografía de Petróglifos no PAAR de Campo Lameiro


O vindeiro sábado 12 de setembro achegarémonos ata o Parque de arte rupestre de Campo Lameiro. Os xestores do centro convidáronnos a falar  sobre a fotografía dos petróglifos e nos, como non, aceptamos gustosos o convite. O obxectivo que nos marcamos é o de proporcionar aos asistentes os coñecementos básicos para introducirse no fotografado da… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de Petróglifos no PAAR de Campo Lameiro

A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.


A localización do Petróglifo de Monte Castelo despois de 60 anos en paradoiro descoñecido. Entre as laxes esquecidas e consideradas como desaparecidas nos montes da comarca compostelá figuraba en letras maiúsculas a case lendaria laxe dúas do Monte das Pedras ou do Monte Castelo descuberta por Oscar Lojo Batalla a principios do século XX na parroquia… Read More A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense

Un mes desde o incendio de Mouromorto


Xa pasou un mes desde que o lume levou por diante máis de 55 hectáreas de monte  na contorna do Castro de Mouromorto na parroquia de Calo, Concello de Teo. Ás cuantiosas perdas na nosa masa vexetal uniuse o risco producido ás vivendas e leiras e os danos producidos a unha boa cantidade de xacementos arqueolóxicos de gran valor.… Read More Un mes desde o incendio de Mouromorto

Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula


O pasado venres 8 de maio máis de 30 persoas achegáronse ata o Centro de Interpretación de Villestro en resposta á nosa convocatoria. Xuntos visitamos a exposición do CIVI e a continuación dirixímonos ata a Ponte da Brea, lugar desde o que iniciamos unha pequena ruta pola Portela de Villestro. A nosa primeira visita foi… Read More Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula

Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela


Dende que os excepcionais debuxos dos petróglifos galegos de Henrique Campo Sobrino abraiaron ós eruditos galegos na exposición rexional de 1909, abrindo as portas ó estudo da arte rupestre no noso país, nunca houbo ocasión de admirar en Compostela outra mostra destas características. Nesa primeira selección dos primeiros gravados rupestres descubertos a principios do século… Read More Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela