Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela


Dende que os excepcionais debuxos dos petróglifos galegos de Henrique Campo Sobrino abraiaron ós eruditos galegos na exposición rexional de 1909, abrindo as portas ó estudo da arte rupestre no noso país, nunca houbo ocasión de admirar en Compostela outra mostra destas características. Nesa primeira selección dos primeiros gravados rupestres descubertos a principios do século… Read More Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela

Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e de Allaríz-Maceda de José Antonio Gavilanes


  Este pasado verán saíu do prelo esta interesante e, ao noso entender, máis que necesaria monografía publicada pola Sociedade Antropolóxica Galega. Nesta obra o autor, José Antonio Gavilanes, retoma en parte o traballo iniciado por Israel Barandela Rivero e José Manuel Lorenzo Rodríguez prestándolle atención ás manifestacións de arte rupestre da provincia de Ourense.… Read More Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e de Allaríz-Maceda de José Antonio Gavilanes

A caza do Cervo. Rockartroll e as súas propostas express


O pasado mes de decembro tivemos o pracer de participar nunha visita piloto a algún dos xacementos rupestres máis importantes da provincia de Pontevedra, baixo o título  “ A caza do Cervo”. Esta proposta elaborada e desenvolvida polos membros do proxecto Rockartroll, os arqueólogos Juan Anca e Leonardo González, tiña como obxecto pór a proba… Read More A caza do Cervo. Rockartroll e as súas propostas express