II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.


Logo de rematar esta segunda edición da ruta ós petróglifos teenses, é difícil sentirnos máis recompensados cos resultados acadados, incluso por riba das nosas ambiciosas expectativas iniciais. Nas dúas xeiras houbo cheo absoluto de participantes, sendo imposible acoller a un maior número por razóns técnicas e de seguridade. Malia todo, máis de 150 persoas puideron… Read More II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.

II andaina ós petróglifos de Teo.


Unha vez máis presentamos da man do Concello de Teo a segunda andaina nocturna para que coñezades algún dos petróglifos teenses máis interesantes. Trátase dunha nova edición das xornadas que organizamos xa hai dous anos nas que despois dunha charla introdutoria nas instalacións da Casa Grande de Cornide sobre a arte rupestre prehistórica na comarca… Read More II andaina ós petróglifos de Teo.

A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.


A localización do Petróglifo de Monte Castelo despois de 60 anos en paradoiro descoñecido. Entre as laxes esquecidas e consideradas como desaparecidas nos montes da comarca compostelá figuraba en letras maiúsculas a case lendaria laxe dúas do Monte das Pedras ou do Monte Castelo descuberta por Oscar Lojo Batalla a principios do século XX na parroquia… Read More A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.

Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula


O pasado venres 8 de maio máis de 30 persoas achegáronse ata o Centro de Interpretación de Villestro en resposta á nosa convocatoria. Xuntos visitamos a exposición do CIVI e a continuación dirixímonos ata a Ponte da Brea, lugar desde o que iniciamos unha pequena ruta pola Portela de Villestro. A nosa primeira visita foi… Read More Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula

A caza do Cervo. Rockartroll e as súas propostas express


O pasado mes de decembro tivemos o pracer de participar nunha visita piloto a algún dos xacementos rupestres máis importantes da provincia de Pontevedra, baixo o título  “ A caza do Cervo”. Esta proposta elaborada e desenvolvida polos membros do proxecto Rockartroll, os arqueólogos Juan Anca e Leonardo González, tiña como obxecto pór a proba… Read More A caza do Cervo. Rockartroll e as súas propostas express