A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.


A localización do Petróglifo de Monte Castelo despois de 60 anos en paradoiro descoñecido. Entre as laxes esquecidas e consideradas como desaparecidas nos montes da comarca compostelá figuraba en letras maiúsculas a case lendaria laxe dúas do Monte das Pedras ou do Monte Castelo descuberta por Oscar Lojo Batalla a principios do século XX na parroquia… Read More A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense

Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula


O pasado venres 8 de maio máis de 30 persoas achegáronse ata o Centro de Interpretación de Villestro en resposta á nosa convocatoria. Xuntos visitamos a exposición do CIVI e a continuación dirixímonos ata a Ponte da Brea, lugar desde o que iniciamos unha pequena ruta pola Portela de Villestro. A nosa primeira visita foi… Read More Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula

Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela


Dende que os excepcionais debuxos dos petróglifos galegos de Henrique Campo Sobrino abraiaron ós eruditos galegos na exposición rexional de 1909, abrindo as portas ó estudo da arte rupestre no noso país, nunca houbo ocasión de admirar en Compostela outra mostra destas características. Nesa primeira selección dos primeiros gravados rupestres descubertos a principios do século… Read More Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela