Charla sobre os nosos petróglifos na Casa da Mocidade de Moaña


O pasado luns 28 de xaneiro tivemos a ocasión de dirixirnos a través do noso vicepresidente Anxo de Prado a máis dun cento de rapaces do IES As Barxas. Anxo amosoulles a gran riqueza da nosa arte rupestre facendo especial fincapé nos conxuntos do Morrazo. Esperamos que os rapaces gozasen tanto como sabemos que gozou… Read More Charla sobre os nosos petróglifos na Casa da Mocidade de Moaña

Visita á Área arqueolóxica da Caeira e ao petróglifo de Pozo Ventura.


O pasado sábado 14 de decembro algúns membros do noso colectivo achegámonos ata a Área Arqueolóxica da Caeira  no pontevedrés concello de Poio. A proposta da empresa Galipat consistía nunha visita guiada ás laxes máis senlleiras deste moi interesante conxunto guiados polas explicacións do arqueólogo Manuel Santos Estévez. A actividade non defraudou ás máis de… Read More Visita á Área arqueolóxica da Caeira e ao petróglifo de Pozo Ventura.

Dúas xornadas inesquecibles para o Colectivo A Rula.


Crónica da 2ª parte da 1ª andaina nocturna ós petróglifos do concello de Teo.O pasado sábado rematou a primeira dobre xeira ós petróglifos teenses de Cornide e Regoufe. Que dúas xornadas!, cheas de innumerables experiencias e brincadeiras con todos os participantes (nenos, mozos e maiores que semellaban mozos), na gran maioría veciños de Teo que… Read More Dúas xornadas inesquecibles para o Colectivo A Rula.

1ª Andaína polos petróglifos de Cornide e Luou


O Colectivo A Rula quere mostrar a súa gratitude a todos os participantes  (preto de oitenta persoas) na primeira andaina nocturna os petróglifos de Cornide e Luou. De igual xeito agradecer o Concello de Teo, os membros de Protección Civil e a Chus e Xosé Ramón da fermosa Casa Grande de Cornide pola súa inestimable… Read More 1ª Andaína polos petróglifos de Cornide e Luou

Suspensión do roteiro ós petróglifos de Teo


O Concello de Teo anulou todos os actos oficiais ata o vindeiro luns para solidarizarse coas familias do accidente de Angrois, queda adiada por tanto a nosa ruta ata o mes de setembro. Manterémosvos informados das novas datas. O Colectivo a Rula quere tamén solidarizarse coa dor das familias das vítimas do devandito accidente e facerlles… Read More Suspensión do roteiro ós petróglifos de Teo