Novos taboleiros de xogo na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela


Damos conta dos últimos catro taboleiros de xogo do “pai, fillo, nai” que documentamos no exterior do edificio da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e, que ven a completar os que publicamos con anterioridade. Introdución 5 anos pasaron desde a publicación da nosa primeira aproximación aos taboleiros de xogo da Compostela… Read More Novos taboleiros de xogo na Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela

Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados


A principios deste mes un comunicado de prensa, asinado polas asociacións Umia Vivo, A Forneiriña, Irmandade illa de Tambo e o Colectivo para a defensa do territorio Anovaterra, recollía unha valoración non moi positiva do acadado, ata o momento, no marco do Proxecto Compostela Rupestre. Somos da opinión de que toda crítica razoada e construtiva… Read More Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados

O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois


Cando o ano pasado publicamos o libro – catálogo dos fondos do Arquivo gráfico de Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, agardabamos que puidera abrir novas liñas de investigación e, incluso, facilitar importantes pistas para a recuperación dalgunha das estacións de arte rupestre estudadas por este grande persoeiro da arqueoloxía galega, estacións que, a día de… Read More O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois

Os petróglifos da Pedra dos Miralles ao carón da Pedra que Fala en San Xoán de Fecha, Compostela


A monumental Pedra que Fala é, hoxe en día, unha estación rupestre coñecida, en boa medida grazas á publicación, no ano 1968, do excelente estudo monográfico de Carlos García Martínez. Foi o intelectual compostelán un destacado investigador da nosa arte rupestre, cun dilatado número de publicacións sobre a materia no seu haber, felizmente recollidas na… Read More Os petróglifos da Pedra dos Miralles ao carón da Pedra que Fala en San Xoán de Fecha, Compostela

O petróglifo do Gavis. A primeira estación de arte Atlántica do concello de Val do Dubra e o proxecto do parque eólico de Vilartoxo


O pasado mes de abril os técnicos da empresa Zeta Arqueoloxía, S.L., encargados do Informe de impacto sobre o patrimonio dun dos parques eólicos proxectados no concello de Val do Dubra, o do parque eólico de Vilartoxo, localizaron na parroquia de San Román, no lugar de Xermil, a primeira estación de arte rupestre prehistórica do… Read More O petróglifo do Gavis. A primeira estación de arte Atlántica do concello de Val do Dubra e o proxecto do parque eólico de Vilartoxo

O tesouro do VI exército do mariscal Ney en Laraño, Compostela


Á soñadora Nerea A pesar de que o exército napoleónico apenas ocupou Galicia durante 6 meses, entre os meses de xaneiro e xuño de 1809, durante a Guerra da Independencia Española, a súa violenta estadía deixou entre nós unha fonda pegada. Son numerosas as historias e lendas que falan da súa avaricia, dos abusos, destrucións… Read More O tesouro do VI exército do mariscal Ney en Laraño, Compostela

Non ao parque eólico no Monte Piquiño


Hai pouco máis dun mes mostrábamos a nosa preocupación ante as primeiras novas que chegaban dende o goberno teense en relación á posible construción dun parque eólico na área do Monte Piquiño. En 2012 xa loitamos para evitar a construción dun proxecto promovido pola empresa Beltaine que tentaba realizar un parque eólico nos concellos de… Read More Non ao parque eólico no Monte Piquiño

Polo norte compostelán. A Pedra do Paraugas ou a Corte das Cabras, o Grisario, o petróglifo do Castro de Portomouro e a intrigante capela de Novais


Unha nova proposta de Fernando Alonso Romero levounos ata o castro de Castromaior en San Xoán de Fecha na procura dunha pedra con forma de fungo e coñecida desde antigo. Lamascal, Castro Maior e a Pedra do Paragoas ou a Corte das Cabras O noso punto de partida foi unha publicación do ano 1897 titulada… Read More Polo norte compostelán. A Pedra do Paraugas ou a Corte das Cabras, o Grisario, o petróglifo do Castro de Portomouro e a intrigante capela de Novais

O petróglifo da Costa en Mallos, Teo. Un novo petróglifo na ribeira do Ulla


Contexto xeral A comezos da década de 1930, Juan Pérez Millán, o cóengo arquiveiro da catedral compostelá, comunica ó seu amigo o arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas a presenza de gravados na Laxe da Estivada de Abaixo na contorna da aldea teense de Mallos.   E así é que o citado arqueólogo inclúe unha pequena referencia a… Read More O petróglifo da Costa en Mallos, Teo. Un novo petróglifo na ribeira do Ulla

Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional


1) Enfocando ás Terras de Compostela O monte de Villestro-Ventosa, nos concellos de Ames e Santiago, acolle unha destacable concentración de arte rupestre prehistórica, constituíndo un dos núcleos rupestres das terras de Compostela, xunto a outra área similar no concello de Teo, no Monte Piquiño – Rio Loureiro. Nos montes con arte rupestre destes concellos… Read More Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional

Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela


O Monte San Miguel é vizoso en toxo, eucaliptos e petróglifos, unha mestura de difícil equilibrio. O actual abandono, case xeneralizado das pequenas parcelas de propiedade privada nas que se divide, dificulta moito a conservación e investigación da súa arte rupestre. Así é que, despois de case 10 anos das primeiras estacións descubertas no lugar,… Read More Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela

Novas estacións rupestres en Montouto, Teo


Comeza o ano 2021 e queremos facelo con renovadas arelas e ganas de mudar as cousas. E non concibimos mellor maneira que achegando información sobre estes novos petróglifos localizados na comarca compostelá, descuberta que nos enche de ledicia. O alto de Montouto, enclave paisaxístico e histórico O alto de Montouto e a súa aba constitúen… Read More Novas estacións rupestres en Montouto, Teo

Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa

A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción


A descuberta da área arqueolóxica da Devesa da Rula tivo lugar cando este colectivo daba os seus primeiros pasos. Daquela pareceunos oportuno adoptar o nome daquela ladeira do monte San Miguel na Portela de Villestro como un xeito de reivindicar a súa relevancia no contexto da arte rupestre da nosa comarca. Convencidos da necesidade de… Read More A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción

O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle


Hai tan só uns meses, o 13 de marzo, publicamos un artigo no noso blog onde dabamos conta do perigo que entendíamos corría o Marco da Eira de Mouros, xacemento non catalogado situado no concello ourensán de Cenlle, así como das comunicacións que realizabamos tanto ao concello como á Dirección Xeral de Patrimonio pedindo a… Read More O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle

A derradeira mámoa do Montouto – Teo


No termo municipal de Teo existen máis de 75 mámoas catalogadas, destacando a grande necrópole megalítica do Monte Piquiño que integra 33 túmulos, ou mámoas como a de Trasellas que constitúen elementos de referencia na paisaxe emocional teense. Porén, nesta ocasión, imos falarvos dunha mámoa “case urbana”, moito menos coñecida e que segue resistindo á… Read More A derradeira mámoa do Montouto – Teo

O marco da Potra, novo ben patrimonial do inventario de Bens Culturais de Galicia


Alédanos comunicarvos que esta semana a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura estimou a nosa solicitude para incluír o Marco da Potra (Teo – Vedra) no Inventario de Bens Culturais de Galicia. Como sinala o técnico de Patrimonio, Juan Naveiro Seoane, este elemento ten un “notable interese” no só como ben arqueolóxico,… Read More O marco da Potra, novo ben patrimonial do inventario de Bens Culturais de Galicia

Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela


Non é o de Negreira un concello no que se coñezan moitas mostras de arte rupestre prehistórica. Así, no catálogo do Plan Básico Autonómico só atopamos unha referencia na parroquia de Santa María de Portor, no seu límite norte co concello da Baña, o denominado petróglifo de Lagarteiras. E ata alí nos achegamos co ánimo… Read More Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela

O camiño tradicional de Santa Clara en Cornide parcialmente arrasado


Ó longo das dúas últimas décadas os camiños tradicionais teenses, e os de boa parte do noso país, foron desaparecendo lentamente por diferentes motivos. Primeiro a concentración de montes que trouxo consigo a substitución dos vellos sendeiros e corredoiras lousadas por pistas. Despois chegou a febre dos anos noventa e da primeira década do século… Read More O camiño tradicional de Santa Clara en Cornide parcialmente arrasado

O marco da Potra, un miliario romano entre Teo e Vedra


Unha vez máis, grazas ó mestre e investigador Guillermo Raviña, veciño da parroquia de Bamonde, descubrimos a existencia deste antigo marco situado na aldea de Lamas (Bamonde – Teo). Segundo as fontes orais recompiladas un marco que existía “dende sempre”, sendo moi coñecido entre a veciñanza máis maior da contorna. “Contan que levaban as vacas… Read More O marco da Potra, un miliario romano entre Teo e Vedra

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) III. O petróglifo dos Gorgulliños


Hai certas regras informais, non escritas, en ocasións non facilmente demostrables pero que, a forza de repetirse, non deberían tomarse á lixeira. No eido dos petróglifos unha desas regras é a que di que onde hai un petróglifo adoita haber máis. Por iso, unha vez localizamos as estacións da Casa do Frade, non podíamos deixar… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) III. O petróglifo dos Gorgulliños

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova


“A imaxinación non sabería inventar tantas e tan variadas contradicións como existen naturalmente no corazón de cada un”. François de la Rochefocauld Recuperadas as nosas forzas, días despois continuamos na procura dos gravados que hai máis de 25 anos visitaran Fernando Alonso en compaña de Luís Monteagudo, descubridor da laxe principal da área arqueolóxica de… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I


Hai propostas que non se poden rexeitar, e máis se quen a fai é alguén como o profesor Fernando Alonso Romero. E si ademais, a proposta consiste na visita dun petróglifo compostelán descoñecido para nós, a obriga de atender á demanda é, si cabe, maior. Así, aceptamos sen pensalo moito e presentámonos puntuais á cita dominical co insigne… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I

O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.


A primeira hora do pasado mércores 15 de maio recibimos unhas fotografías de varios gravados do Castriño de Conxo danados, algúns completamente riscados. Esa mesma tarde non tardamos en achegarnos ata alí para facer unha primeira análise dos danos. A primeira vista observamos graves alteracións na pátina de catro figuras situadas no panel inferior da… Read More O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.

Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames


A localización de laxes con arte rupestre nos castros galegos non é, nin moito menos, un feito inusual. Tanto é así que uns dos petróglifos que primeiro chamaron a atención dos eruditos, a principios do século pasado, foron os localizados no castro de Santa Tegra [1], gravados que serviron de base para a elaboración de diferentes propostas cronolóxicas… Read More Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames

Viva el Donostia FC!!!


Pescudando na áspera superficie dos perpiaños graníticos que conforman as rúas, prazas e recunchos da améndoa de Compostela, na procura de taboleiros de xogo de tempos do barroco, temos topado con gravados moi diversos: fragmentos reutilizados de lápidas sepulcrais renacentistas, de inscricións medievais e modernas, simples iniciais, siglas políticas do século XX, nomes, cruces e… Read More Viva el Donostia FC!!!

Día Internacional do Patrimonio 2018. Visita ó Petróglifo do Castriño de Conxo


O vindeiro sábado 17 de novembro con motivo da celebración do Día internacional do Patrimonio e dentro da iniciativa conxunta dos membros da Rede do Patrimonio Cultural, o Colectivo A Rula xunto co Concello de Santiago de Compostela, a través da súa Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, convidámosvos a… Read More Día Internacional do Patrimonio 2018. Visita ó Petróglifo do Castriño de Conxo

Visita á Devesa da Rula cos nenos de 3º do CEIP de Roxos. 2018


Convencidos de que o futuro está nas mans dos nenos, aceptamos un ano máis a petición dos profesores da Escola de Primaria de Roxos para acompañalos ao núcleo central da Arte Rupestre Compostelá: O Val de Villestro. e quedamos citados para a mañá do luns 18 de xullo. Desprovistos do cinismo e desilusión que moitos… Read More Visita á Devesa da Rula cos nenos de 3º do CEIP de Roxos. 2018

Novos petróglifos no val de Folgoso, Compostela.


Pouco a pouco imos completando o catálogo da arte rupestre da nosa comarca. Cremos firmemente que a elaboración dun catálogo o máis completo posible é a base imprescindible para afrontar con garantías estudos de conxunto [1] que aporten luz ás moitas incógnitas que, a día de hoxe, seguen a rodear a estes símbolos gravados na… Read More Novos petróglifos no val de Folgoso, Compostela.

As faixas de protección do patrimonio no monte: a transformación dunha debilidade nunha oportunidade para unha infraestructura verde(social e ecosistémica)


Os incendios forestais do verán de 2016 afectaron gravemente a moitas áreas de petróglifos galegos. Este rico patrimonio cultural está en serio risco de desaparición, así como os miles de castros e mámoas espalladas polos nosos montes, que tamén están nun estado de abandono case xeralizado. A arte rupestre galega ao ar libre pode datarse… Read More As faixas de protección do patrimonio no monte: a transformación dunha debilidade nunha oportunidade para unha infraestructura verde(social e ecosistémica)

Petróglifos e lumes forestais


O pasado mércores día 26 tivemos a ocasión de participar nunha interesante xornada organizada por “Compostela Aberta”, co título de “Petróglifos e lumes forestais: xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Santiago de Compostela”. Logo da terrible vaga de lumes do pasado verán, con lamentable incidencia na área arqueolóxica da Portela de Villestro no… Read More Petróglifos e lumes forestais

A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela


No Colectivo A Rula tiñamos sospeitas de que máis tarde ou máis cedo aparecerían no termo municipal de Compostela máis representacións de tipo naturalista pero non imaxinábamos que tivese estas dimensións e relevancia. De feito, no seu día escollimos como logo da nosa pequena comunidade o único zoomorfo localizado ate ese intre nas terras de… Read More A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela

Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!


Comprácenos anunciar que o vindeiro sábado 16 de xullo visitaremos a recentemente “redescuberta” estación de arte rupestre prehistórica do Monte Castelo na parroquia de Covas, Ames. Será a primeira ruta nocturna nas terras amienses organizada polo Colectivo A Rula e o Concello de Ames pero agardemos que só sexa a primeira de futuras colaboracións. A… Read More Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!

Visita nocturna pola Devesa da Rula


Comeza o verán e cumprimos o terceiro aniversario do Colectivo. Que mellor momento para anunciarvos a primeira das nosas xeiras nocturnas pola comarca neste xullo que prognostican caloroso. Iniciamos o noso periplo polo noso patio de xogos particular, a Devesa da Rula, o próximo sábado 9 de xullo. Será unha nova noite de estrelas e petróglifos… Read More Visita nocturna pola Devesa da Rula

A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.


A localización do Petróglifo de Monte Castelo despois de 60 anos en paradoiro descoñecido. Entre as laxes esquecidas e consideradas como desaparecidas nos montes da comarca compostelá figuraba en letras maiúsculas a case lendaria laxe dúas do Monte das Pedras ou do Monte Castelo descuberta por Oscar Lojo Batalla a principios do século XX na parroquia… Read More A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense

Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela


Dende que os excepcionais debuxos dos petróglifos galegos de Henrique Campo Sobrino abraiaron ós eruditos galegos na exposición rexional de 1909, abrindo as portas ó estudo da arte rupestre no noso país, nunca houbo ocasión de admirar en Compostela outra mostra destas características. Nesa primeira selección dos primeiros gravados rupestres descubertos a principios do século… Read More Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela

Visita aos petróglifos de Villestro coa Gentalha do Pichel


A noitiña do pasado sete de novembro realizamos unha nova visita ós petróglifos de Villestro. Nesta ocasión acompañamos aos compañeiros de A Gentalha do Pichel a coñecer algunha das estacións de arte rupestre alí conservadas. O percorrido realizado foi similar ao realizado en ocasións anteriores. Podedes descargar o traxecto neste enlace. Foi un placer compartir… Read More Visita aos petróglifos de Villestro coa Gentalha do Pichel

Reconstrución en 3D de Pedra Mencía


Hoxe temos o pracer de amosar un interesantísimo traballo de Simón Peña Villasenín. Trátase dunha análise e reconstrución da Pedra Mencía (Devesa da Rula II)  realizada mediante a técnica de restitución fotogramétrica. Simón tamén ten realizado a análise de outras laxes da nosa comarca como a do Monte Pedroso: O seu traballo coidamos ten unha… Read More Reconstrución en 3D de Pedra Mencía

1ª visita aos petróglifos da Portela de Villestro


Na noite do pasado sábado 15 de xuño unha vintena de persoas participaron na primeira visita guiada nocturna ás estacións de arte rupestre localizadas no Monte de San Miguel, no lugar de Portela, na santiaguesa parroquia de Villestro. Unha andaina “piloto” que tiña como obxectivo avaliar cos nosos convidados a súa experiencia e estudar posibles… Read More 1ª visita aos petróglifos da Portela de Villestro

Villestro esconde la mayor muestra de arte rupestre de Compostela. (La Voz de Galicia. 14/4/2014)


Villestro esconde la mayor muestra de arte rupestre de Compostela El colectivo A Rula ha descubierto más de 20 petroglifos en la zona Emma Araújo santiago / la voz  14 de abril de 2014  05:00 Los petroglifos de San Miguel tienen dibujos circulares y también rectangulares. a rula Los petroglifos de San Miguel tienen dibujos… Read More Villestro esconde la mayor muestra de arte rupestre de Compostela. (La Voz de Galicia. 14/4/2014)

De descubertas e outras debilidades. A voltas co Castriño de Conxo


Non hai moito tempo, concretamente o 31 de outubro do pasado ano, publicou o Correo Gallego a seguinte nova “Encuentran un nuevo grabado rupestre en el Castriño de Conxo”. Tratábase da suposta descuberta por parte de Jose Barral dunha nova espada no impresionante petróglifo. Nun primeiro momento a nova xerounos certas dúbidas pero logo da… Read More De descubertas e outras debilidades. A voltas co Castriño de Conxo

Primeira aproximación á Pedra da Legua. Un fito dos lindes de Compostela.


1 . A Pedra da Legua, un indicador viario nos lindes de Compostela. Os membros do noso colectivo non só gozamos coa contemplación dos petróglifos polo que nesta ocasión centramos a nosa atención nun interesante cruceiro, laxe con inscricións e monólito situados a escasa distancia da cidade de Compostela, a pouco máis de catro quilómetros,… Read More Primeira aproximación á Pedra da Legua. Un fito dos lindes de Compostela.

O alquerque de tres da Capela do Carme de Abaixo de Compostela


Queremos comezar o ano empregando as renovadas forzas e ilusións neste pequeno aporte xa que a poderosa preguiza está sempre á procura das nosas mentes e só coñecemos un antídoto para facerlle fronte, o traballo. Imos logo. No adro da Capela do Carme de Abaixo localízase, nunha das laxes da fachada do templo, un gravado… Read More O alquerque de tres da Capela do Carme de Abaixo de Compostela