II andaina ós petróglifos de Teo.


Unha vez máis presentamos da man do Concello de Teo a segunda andaina nocturna para que coñezades algún dos petróglifos teenses máis interesantes. Trátase dunha nova edición das xornadas que organizamos xa hai dous anos nas que despois dunha charla introdutoria nas instalacións da Casa Grande de Cornide sobre a arte rupestre prehistórica na comarca… Read More II andaina ós petróglifos de Teo.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense

Un mes desde o incendio de Mouromorto


Xa pasou un mes desde que o lume levou por diante máis de 55 hectáreas de monte  na contorna do Castro de Mouromorto na parroquia de Calo, Concello de Teo. Ás cuantiosas perdas na nosa masa vexetal uniuse o risco producido ás vivendas e leiras e os danos producidos a unha boa cantidade de xacementos arqueolóxicos de gran valor.… Read More Un mes desde o incendio de Mouromorto

Visita nocturna aos petróglifos de Teo cos nenos e pais do CEIP A Igrexa de Calo


Na noitiña do pasado 6 de setembro realizamos a prometida visita a algún dos petróglifos do concello de Teo cos rapaces e pais do Colexio de Calo.  Un par de meses antes tiveramos que aprazar esta visita por mor do mal tempo cando xa estabamos  no punto de partida da ruta pero o seu gran… Read More Visita nocturna aos petróglifos de Teo cos nenos e pais do CEIP A Igrexa de Calo