A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción


A descuberta da área arqueolóxica da Devesa da Rula tivo lugar cando este colectivo daba os seus primeiros pasos. Daquela pareceunos oportuno adoptar o nome daquela ladeira do monte San Miguel na Portela de Villestro como un xeito de reivindicar a súa relevancia no contexto da arte rupestre da nosa comarca. Convencidos da necesidade de… Read More A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción

Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son


“Na miña vida tal vin Nesa aldea de Seráns: Unha cadela con pitos, Unha galiña con cans”. Cantiga recollida por Fermín Bouza Brey no ano 1929 O pasado mes de agosto achegámonos xunto co amigo e colaborador, o infatigábel investigador, Henrique Neira ata Seráns, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no sur do… Read More Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son

Os xinetes de Bouza Badín. Arte rupestre do concello de Dodro


Nun rechán dunha bouza da aba do monte Carboeiro, a uns 200 metros do lugar de Imo, parroquia de San Xoán de Laíño, no concello coruñés de Dodro, atópase a estación do Grupo Galaico da Arte Rupestre máis relevante da comarca do Sar. Esta grande peneda granítica que sobresae na paisaxe localízase nun monte veciñal… Read More Os xinetes de Bouza Badín. Arte rupestre do concello de Dodro

O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle


Hai tan só uns meses, o 13 de marzo, publicamos un artigo no noso blog onde dabamos conta do perigo que entendíamos corría o Marco da Eira de Mouros, xacemento non catalogado situado no concello ourensán de Cenlle, así como das comunicacións que realizabamos tanto ao concello como á Dirección Xeral de Patrimonio pedindo a… Read More O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle

A derradeira mámoa do Montouto – Teo


No termo municipal de Teo existen máis de 75 mámoas catalogadas, destacando a grande necrópole megalítica do Monte Piquiño que integra 33 túmulos, ou mámoas como a de Trasellas que constitúen elementos de referencia na paisaxe emocional teense. Porén, nesta ocasión, imos falarvos dunha mámoa “case urbana”, moito menos coñecida e que segue resistindo á… Read More A derradeira mámoa do Montouto – Teo