Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I


Hai propostas que non se poden rexeitar, e máis se quen a fai é alguén como o profesor Fernando Alonso Romero. E si ademais, a proposta consiste na visita dun petróglifo compostelán descoñecido para nós, a obriga de atender á demanda é, si cabe, maior. Así, aceptamos sen pensalo moito e presentámonos puntuais á cita dominical co insigne… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I

O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.


A primeira hora do pasado mércores 15 de maio recibimos unhas fotografías de varios gravados do Castriño de Conxo danados, algúns completamente riscados. Esa mesma tarde non tardamos en achegarnos ata alí para facer unha primeira análise dos danos. A primeira vista observamos graves alteracións na pátina de catro figuras situadas no panel inferior da… Read More O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.

O Petróglifo das Forcadas en Corme, o valor da vontade


Unha vez máis achegámonos á Costa da Morte, á península de Corme, cultivando un saudable hábito que, para o Colectivo, estase a converter nun frutífero costume. Acudimos ao novo convite do concelleiro de Educación e Patrimonio do Concello de Ponteceso, Carlos Penedo. Visita que conta tamén, non podía ser doutro xeito, coa inestimable participación do inquedo… Read More O Petróglifo das Forcadas en Corme, o valor da vontade

Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames


A localización de laxes con arte rupestre nos castros galegos non é, nin moito menos, un feito inusual. Tanto é así que uns dos petróglifos que primeiro chamaron a atención dos eruditos, a principios do século pasado, foron os localizados no castro de Santa Tegra [1], gravados que serviron de base para a elaboración de diferentes propostas cronolóxicas… Read More Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames

Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo


En lembranza de todos aqueles, que como Roberto Mouzo, loitaron e loitan por defender, protexer e divulgar o patrimonio cultural da Costa da Morte O Colectivo A Rula regresa a Vimianzo nunha nova xeira nocturna polos petróglifos deste termo municipal que terá lugar o vindeiro sábado 14 de xullo. Non podiamos desaproveitar a ocasión de… Read More Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo