Un mes desde o incendio de Mouromorto


Xa pasou un mes desde que o lume levou por diante máis de 55 hectáreas de monte  na contorna do Castro de Mouromorto na parroquia de Calo, Concello de Teo. Ás cuantiosas perdas na nosa masa vexetal uniuse o risco producido ás vivendas e leiras e os danos producidos a unha boa cantidade de xacementos arqueolóxicos de gran valor.… Read More Un mes desde o incendio de Mouromorto

Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula


O pasado venres 8 de maio máis de 30 persoas achegáronse ata o Centro de Interpretación de Villestro en resposta á nosa convocatoria. Xuntos visitamos a exposición do CIVI e a continuación dirixímonos ata a Ponte da Brea, lugar desde o que iniciamos unha pequena ruta pola Portela de Villestro. A nosa primeira visita foi… Read More Visita á expo e aos petróglifos da Devesa da Rula

Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela


Dende que os excepcionais debuxos dos petróglifos galegos de Henrique Campo Sobrino abraiaron ós eruditos galegos na exposición rexional de 1909, abrindo as portas ó estudo da arte rupestre no noso país, nunca houbo ocasión de admirar en Compostela outra mostra destas características. Nesa primeira selección dos primeiros gravados rupestres descubertos a principios do século… Read More Compostela Rupestre. A primeira mostra sobre arte rupestre en Compostela