O petróglifo do Rego de Failde en Santa Mariña do Barro. Un petróglifo con Arte Atlántica no concello da Baña


Este pasado verán Juan Antonio Pisco Camino deu cunha laxe con gravados rupestres mentres paseaba pola contorna da súa casa familiar no pequeno núcleo habitado do Barro, aos pés do monte de Santa Mariña. Esta elevación, senlleira pola súa presenza na paisaxe e pola tradición popular que lle atribúe o poder de orientar os ventos… Read More O petróglifo do Rego de Failde en Santa Mariña do Barro. Un petróglifo con Arte Atlántica no concello da Baña

A Pena Longa en San Xoán de Fecha. Novo petróglifo en Compostela


Achegámonos ata San Xoán de Fecha acompañados por Marisa Gil, Yolanda Prego e Hermosinda Piñeiro, compoñentes da Asociación A Pedra que Fala, para coñecer os lugares polos que discorre o Roteiro Rupestre Sonoro, unha actividade guiada polo Clube Espeleolóxico O Mauxo e que forma parte do Festival Rupestre e de Proximidade “O Fechiño”. O Fechiño,… Read More A Pena Longa en San Xoán de Fecha. Novo petróglifo en Compostela

O conxunto rupestre de Seselle. Novos petróglifos no concello de Oza-Cesuras, A Coruña


A contorna dos lugares do Freixo, Mundín, Penabelá e A Campiña están na mira dos intereses eólicos. Pese a súa intensidade a apetencia e atención das compañías enerxéticas sobre este territorio pasou por alto a unha ducia de resilientes que o habitan e, cuxa iniciativa está a descubrir nos últimos meses un conxunto de estacións… Read More O conxunto rupestre de Seselle. Novos petróglifos no concello de Oza-Cesuras, A Coruña

Un petróglifo reutilizado en Deiro, Vilanova de Arousa


A comarca do Salnés foi unha das áreas máis poboadas durante a nosa Prehistoria Recente, servindo de porta de entrada dende a costa ó interior como reflicten moitos dos seus xacementos rupestres. Porén, tamén é unha comarca marcada polo grande impacto antrópico sobre o territorio produto da especulación urbanística e a falta de iniciativas institucionais… Read More Un petróglifo reutilizado en Deiro, Vilanova de Arousa