Petróglifos e lumes forestais


O pasado mércores día 26 tivemos a ocasión de participar nunha interesante xornada organizada por “Compostela Aberta”, co título de “Petróglifos e lumes forestais: xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Santiago de Compostela”. Logo da terrible vaga de lumes do pasado verán, con lamentable incidencia na área arqueolóxica da Portela de Villestro no… Read More Petróglifos e lumes forestais

Agresións ós petróglifos do Concello de Teo


Hai só uns días recibimos as malas novas dunha nova agresión en dúas das estacións de gravados rupestres máis relevantes do Concello de Teo, o petróglifo de Outeiro de Corno en Regoufe (Luou) e Río Angueira en Cornide (Calo). A través do noso correo, Javier C.F. remitiunos as fotos que acompañan esta pequena entrada no… Read More Agresións ós petróglifos do Concello de Teo

II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.


Logo de rematar esta segunda edición da ruta ós petróglifos teenses, é difícil sentirnos máis recompensados cos resultados acadados, incluso por riba das nosas ambiciosas expectativas iniciais. Nas dúas xeiras houbo cheo absoluto de participantes, sendo imposible acoller a un maior número por razóns técnicas e de seguridade. Malia todo, máis de 150 persoas puideron… Read More II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.

II andaina ós petróglifos de Teo.


Unha vez máis presentamos da man do Concello de Teo a segunda andaina nocturna para que coñezades algún dos petróglifos teenses máis interesantes. Trátase dunha nova edición das xornadas que organizamos xa hai dous anos nas que despois dunha charla introdutoria nas instalacións da Casa Grande de Cornide sobre a arte rupestre prehistórica na comarca… Read More II andaina ós petróglifos de Teo.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense