Hoxe temos o pracer de amosar un interesantísimo traballo de Simón Peña Villasenín. Trátase dunha análise e reconstrución da Pedra Mencía (Devesa da Rula II) realizada mediante a técnica de restitución fotogramétrica.
Simón tamén ten realizado a análise de outras laxes da nosa comarca como a do Monte Pedroso:
O seu traballo coidamos ten unha grande potencialidade e desexamos que este sexa só o inicio da exploración dunha novidosa ferramenta que pode ser de moita utilidade para o estudo da nosa arte rupestre. Quede aquí a constancia do noso mais sincero agradecemento. Parabéns.