Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son


“Na miña vida tal vin Nesa aldea de Seráns: Unha cadela con pitos, Unha galiña con cans”. Cantiga recollida por Fermín Bouza Brey no ano 1929 O pasado mes de agosto achegámonos xunto co amigo e colaborador, o infatigábel investigador, Henrique Neira ata Seráns, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no sur do… Read More Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son

O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle


Hai tan só uns meses, o 13 de marzo, publicamos un artigo no noso blog onde dabamos conta do perigo que entendíamos corría o Marco da Eira de Mouros, xacemento non catalogado situado no concello ourensán de Cenlle, así como das comunicacións que realizabamos tanto ao concello como á Dirección Xeral de Patrimonio pedindo a… Read More O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle

A derradeira mámoa do Montouto – Teo


No termo municipal de Teo existen máis de 75 mámoas catalogadas, destacando a grande necrópole megalítica do Monte Piquiño que integra 33 túmulos, ou mámoas como a de Trasellas que constitúen elementos de referencia na paisaxe emocional teense. Porén, nesta ocasión, imos falarvos dunha mámoa “case urbana”, moito menos coñecida e que segue resistindo á… Read More A derradeira mámoa do Montouto – Teo

As primeiras letras teenses


No ano 1988 máis de catro mil persoas participaron en Lampai na “I Festa da Cultura de Teo”. O pregoeiro daquela multitudinaria festividade foi o profesor e arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo. Na súa intervención resaltou o importante pasado histórico desta parroquia do suroeste teense, fronteira natural coas Terras de Iria. Os acontecementos presentes fixeron que… Read More As primeiras letras teenses

O marco da Potra, novo ben patrimonial do inventario de Bens Culturais de Galicia


Alédanos comunicarvos que esta semana a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura estimou a nosa solicitude para incluír o Marco da Potra (Teo – Vedra) no Inventario de Bens Culturais de Galicia. Como sinala o técnico de Patrimonio, Juan Naveiro Seoane, este elemento ten un “notable interese” no só como ben arqueolóxico,… Read More O marco da Potra, novo ben patrimonial do inventario de Bens Culturais de Galicia