Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, mestre da arqueoloxía galega, nos 100 anos do seu nacemento.


Este ano celébrase o centenario do nacemento de don Ramón Sobrino Lorenzo Ruza (1915-1959), ante tal efeméride o noso colectivo non pode desaproveitar a oportunidade de renderlle unha merecida homenaxe a un dos grandes referentes no estudo da arte rupestre en Galicia, continuador do labor iniciado polo sei pai, Ramón Sobrino Buhigas, autor do famoso… Read More Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, mestre da arqueoloxía galega, nos 100 anos do seu nacemento.

II andaina ós petróglifos de Teo.


Unha vez máis presentamos da man do Concello de Teo a segunda andaina nocturna para que coñezades algún dos petróglifos teenses máis interesantes. Trátase dunha nova edición das xornadas que organizamos xa hai dous anos nas que despois dunha charla introdutoria nas instalacións da Casa Grande de Cornide sobre a arte rupestre prehistórica na comarca… Read More II andaina ós petróglifos de Teo.

A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense


O Colectivo A Rula séntese orgulloso de colaborar con persoeiros e institucións que procuran a recuperación e valoran o noso patrimonio cultural. Sentímonos uns privilexiados por poder contemplar e traballar cunha pequena parte do legado de tres mestres pioneiros da arqueoloxía do noso país, Henrique Campo Sobrino (1890-1911) , Ramón Sobrino Buhigas (1888-1946) e Ramón Sobrino… Read More A doazón de Ángel Núñez Sobrino ó Concello de Teo de material gráfico do patrimonio teense

Un mes desde o incendio de Mouromorto


Xa pasou un mes desde que o lume levou por diante máis de 55 hectáreas de monte  na contorna do Castro de Mouromorto na parroquia de Calo, Concello de Teo. Ás cuantiosas perdas na nosa masa vexetal uniuse o risco producido ás vivendas e leiras e os danos producidos a unha boa cantidade de xacementos arqueolóxicos de gran valor.… Read More Un mes desde o incendio de Mouromorto