Lume no Piquiño. O incendio de Herbón dana e pon en perigo á gran necrópole megalítica de Teo


O incendio desta pasada fin de semana que comezou en Herbón (Padrón) e chegou a Teo deixou unha ferida na paisaxe de máis de 350 ha. Salvagardar vidas e vivendas é sempre o prioritario. Porén, o lume afecta á paisaxe, á vexetación, á fauna e ós bens patrimoniais que acubillan os montes. Neste caso, danou ó Monte Piquiño, unha das áreas arqueolóxicas máis importantes da comarca… Read More Lume no Piquiño. O incendio de Herbón dana e pon en perigo á gran necrópole megalítica de Teo

Visita arqueolóxica ao val de Figueiras e aos montes de Parabeche. Novos xacementos arqueolóxicos localizados en Compostela. O petróglifo do Rego do Porto Marelo 2, os petróglifos 1 e 2 do Sixto de Fóra e a mámoa do Agro de Parabeche


Tódalas derrotas son psicolóxicas agás a derradeira O rego do Porto Marelo é un afluente do río Sar que decorre polo extremo occidental do val de Figueiras en dirección norte/sur, paralelo ao rego de Figueiras, ata o lugar da Barcia onde desemboca no afluente do Ulla. O seu recorrido é de apenas 3 quilómetros desde… Read More Visita arqueolóxica ao val de Figueiras e aos montes de Parabeche. Novos xacementos arqueolóxicos localizados en Compostela. O petróglifo do Rego do Porto Marelo 2, os petróglifos 1 e 2 do Sixto de Fóra e a mámoa do Agro de Parabeche

O petróglifo do Roxido. Un novo petróglifo de armas en Compostela


Amplíase o catálogo de estacións rupestres do concello de Santiago ca descuberta dunha nova laxe con gravados localizada no norte do municipio polo veciño Alfonso Conde, ao que lle agradecemos tivese pensado en nós para realizar o seu estudo. Nesta nova estación destaca a presenza da representación dunha alabarda, o que a convirte na terceira estación rupestre da comarca con armas coñecida, xunto co Castriño de Conxo descuberta no ano 1935 e o Outeiro do Corno teense publicada no ano 2004 e descuberta nos anos 50 do pasado século.… Read More O petróglifo do Roxido. Un novo petróglifo de armas en Compostela

A Pedra da Patada da Mula e a Mámoa da Moa do Zapateiro de Coristanco


No Colectivo A Rula sentimos especial devoción polos espazos onde os patrimonios inmaterial e material conflúen. As lendas e tradicións que preservan as penedas, os ríos, as pozas, as fontes, os montes…, son referentes esenciais que conectan a diferentes xeracións dunha mesma comunidade, conformando unha memoria colectiva, a da transmisión oral de coñecementos, valores culturais,… Read More A Pedra da Patada da Mula e a Mámoa da Moa do Zapateiro de Coristanco

Arte rupestre en Catoira, de Sobrino Lorenzo Ruza ós nosos días


O pasado domingo 3 de abril, 67 anos despois da visita de Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, seguimos os seus pasos nunha pequena ruta familiar organizada pola ANPA As Lombas de Catoira e Cristina Conde Escaloni. Segundo recollen os datos da súa axenda persoal e apuntamentos diversos o arqueólogo pontevedrés comezou aquela xornada primaveral de… Read More Arte rupestre en Catoira, de Sobrino Lorenzo Ruza ós nosos días