Non ao parque eólico no Monte Piquiño


Hai pouco máis dun mes mostrábamos a nosa preocupación ante as primeiras novas que chegaban dende o goberno teense en relación á posible construción dun parque eólico na área do Monte Piquiño. En 2012 xa loitamos para evitar a construción dun proxecto promovido pola empresa Beltaine que tentaba realizar un parque eólico nos concellos de… Read More Non ao parque eólico no Monte Piquiño

A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I


“Algunos tenemos fe y hacemos memoria en favor de la historia que nos queremos creer”. Algunos tenemos fe. Viva Suecia Proseguimos no concello da Baña coa revisión que estamos a facer da arte rupestre dos concellos limítrofes coa comarca de Santiago. Nesta ocasión, ocupámonos dos 9 xacementos arqueolóxicos da Baña recollidos no Plan Básico Autonómico… Read More A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I

O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle


Hai tan só uns meses, o 13 de marzo, publicamos un artigo no noso blog onde dabamos conta do perigo que entendíamos corría o Marco da Eira de Mouros, xacemento non catalogado situado no concello ourensán de Cenlle, así como das comunicacións que realizabamos tanto ao concello como á Dirección Xeral de Patrimonio pedindo a… Read More O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle

A derradeira mámoa do Montouto – Teo


No termo municipal de Teo existen máis de 75 mámoas catalogadas, destacando a grande necrópole megalítica do Monte Piquiño que integra 33 túmulos, ou mámoas como a de Trasellas que constitúen elementos de referencia na paisaxe emocional teense. Porén, nesta ocasión, imos falarvos dunha mámoa “case urbana”, moito menos coñecida e que segue resistindo á… Read More A derradeira mámoa do Montouto – Teo

Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela


Non é o de Negreira un concello no que se coñezan moitas mostras de arte rupestre prehistórica. Así, no catálogo do Plan Básico Autonómico só atopamos unha referencia na parroquia de Santa María de Portor, no seu límite norte co concello da Baña, o denominado petróglifo de Lagarteiras. E ata alí nos achegamos co ánimo… Read More Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela