“A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas


“A Loba (2001-2016), membro animal fundador do Colectivo, que nos acaba de deixar na procura dos misterios que se agochan nos solsticios.” A descuberta da Pedra da Grada No sempre dinámico panorama dos estudos da arte rupestre galaica xorden a cotío novidades que evidencian as limitacións que presenta o actual catálogo de xacementos de arte… Read More “A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas

Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme


Convidados pola Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso achegámonos a unha das zonas de arte rupestre máis singulares do país, o Promontorio de Corme, na zona máis oriental da Costa da Morte. Guiados polo polifacético Suso Lista, veciño e gran coñecedor da zona, e na compaña do alcalde, Xosé Lois García Carballido e… Read More Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme

A Pena Bicuda de Loureiro, arte rupestre no Monte Piquiño


O petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro é a estación de arte rupestre ó ar libre de maior interese da área arqueolóxica do Monte Piquiño situada entre as aldeas de Regoufe e Loureiro na parroquia de Luou no Concello de Teo. Na actualidade coñecemos na zona dez estacións con arte rupestre prehistórica, case a metade… Read More A Pena Bicuda de Loureiro, arte rupestre no Monte Piquiño

A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra


Entre as moitas especificidades que conforman a personalidade propia da nosa arte rupestre prehistórica ocupa un lugar destacado un conxunto de estacións con paneis con representacións exclusivamente de armas. Cuantitativamente son un conxunto minoritario dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre mais por diversas causas teñen sido obxecto desde sempre dunha atención preferente por parte… Read More A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra

Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.


O pasado sábado 3 de outubro tivo lugar no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro o primeiro obradoiro de iniciación á fotografía de Petróglifos. Pouco tempo atrás, cando o equipo que dirixe o parque nos propuxera a súa realización, só intuímos as dificultades que entrañaba levalo a cabo pero tamén sabiamos que dun xeito… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.