O Souto da Silvouta: un espazo de valor natural, ecolóxico e patrimonial. Os petróglifos do Sobresouto e A Pedra Sinceira 2. Novas estacións rupestres localizadas en Villestro, Compostela


Os valores e singularidades que atesoura o pequeno territorio do Souto da Silvouta son sobradamente coñecidos polos membros da Plataforma pola Recuperación do Sar. Foi precisamente esta convicción a que os levou a perseverar na defensa da súa conservación opoñéndose á grave ameaza que supuña a iniciativa da administración de construír unha nova depuradora de… Read More O Souto da Silvouta: un espazo de valor natural, ecolóxico e patrimonial. Os petróglifos do Sobresouto e A Pedra Sinceira 2. Novas estacións rupestres localizadas en Villestro, Compostela

Visita arqueolóxica ao val de Figueiras e aos montes de Parabeche. Novos xacementos arqueolóxicos localizados en Compostela. O petróglifo do Rego do Porto Marelo 2, os petróglifos 1 e 2 do Sixto de Fóra e a mámoa do Agro de Parabeche


Tódalas derrotas son psicolóxicas agás a derradeira O rego do Porto Marelo é un afluente do río Sar que decorre polo extremo occidental do val de Figueiras en dirección norte/sur, paralelo ao rego de Figueiras, ata o lugar da Barcia onde desemboca no afluente do Ulla. O seu recorrido é de apenas 3 quilómetros desde… Read More Visita arqueolóxica ao val de Figueiras e aos montes de Parabeche. Novos xacementos arqueolóxicos localizados en Compostela. O petróglifo do Rego do Porto Marelo 2, os petróglifos 1 e 2 do Sixto de Fóra e a mámoa do Agro de Parabeche

A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I


“Algunos tenemos fe y hacemos memoria en favor de la historia que nos queremos creer”. Algunos tenemos fe. Viva Suecia Proseguimos no concello da Baña coa revisión que estamos a facer da arte rupestre dos concellos limítrofes coa comarca de Santiago. Nesta ocasión, ocupámonos dos 9 xacementos arqueolóxicos da Baña recollidos no Plan Básico Autonómico… Read More A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I

Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional


1) Enfocando ás Terras de Compostela O monte de Villestro-Ventosa, nos concellos de Ames e Santiago, acolle unha destacable concentración de arte rupestre prehistórica, constituíndo un dos núcleos rupestres das terras de Compostela, xunto a outra área similar no concello de Teo, no Monte Piquiño – Rio Loureiro. Nos montes con arte rupestre destes concellos… Read More Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional

Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela


O Monte San Miguel é vizoso en toxo, eucaliptos e petróglifos, unha mestura de difícil equilibrio. O actual abandono, case xeneralizado das pequenas parcelas de propiedade privada nas que se divide, dificulta moito a conservación e investigación da súa arte rupestre. Así é que, despois de case 10 anos das primeiras estacións descubertas no lugar,… Read More Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela