Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo


En lembranza de todos aqueles, que como Roberto Mouzo, loitaron e loitan por defender, protexer e divulgar o patrimonio cultural da Costa da Morte O Colectivo A Rula regresa a Vimianzo nunha nova xeira nocturna polos petróglifos deste termo municipal que terá lugar o vindeiro sábado 14 de xullo. Non podiamos desaproveitar a ocasión de… Read More Os petróglifos do Outeiro do Recosto en Boallo

Visita á Devesa da Rula cos nenos de 3º do CEIP de Roxos. 2018


Convencidos de que o futuro está nas mans dos nenos, aceptamos un ano máis a petición dos profesores da Escola de Primaria de Roxos para acompañalos ao núcleo central da Arte Rupestre Compostelá: O Val de Villestro. e quedamos citados para a mañá do luns 18 de xullo. Desprovistos do cinismo e desilusión que moitos… Read More Visita á Devesa da Rula cos nenos de 3º do CEIP de Roxos. 2018

Solsticio de inverno no Monte Piquiño


Achegámosvos unhas imaxes e vídeo dunha aliñación arqueoastronómica no solsticio de inverno entre os outeiros do Meau e o Outeiro do Ledo na área arqueolóxica do Monte Piquiño no Concello de Teo. Dende o Petróglifo do Meau puidemos contemplar a saída do sol xusto por riba da peneda do petróglifo do Trono do Raíña situado… Read More Solsticio de inverno no Monte Piquiño

Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.


A Rula voa de novo cara novos horizontes detrás de antigos misterios que noutrora ilustres viaxeiros deixaron pendentes. Os membros deste pequeno Colectivo sentimos especial devoción por aqueles recunchos do país nos que agroman antigos lugares que forman parte intrínseca da nosa historia aínda que ás veces non nos decatemos con facilidade, e, cómpre por… Read More Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.

Petróglifos e lumes forestais


O pasado mércores día 26 tivemos a ocasión de participar nunha interesante xornada organizada por “Compostela Aberta”, co título de “Petróglifos e lumes forestais: xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Santiago de Compostela”. Logo da terrible vaga de lumes do pasado verán, con lamentable incidencia na área arqueolóxica da Portela de Villestro no… Read More Petróglifos e lumes forestais