Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa

A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción


A descuberta da área arqueolóxica da Devesa da Rula tivo lugar cando este colectivo daba os seus primeiros pasos. Daquela pareceunos oportuno adoptar o nome daquela ladeira do monte San Miguel na Portela de Villestro como un xeito de reivindicar a súa relevancia no contexto da arte rupestre da nosa comarca. Convencidos da necesidade de… Read More A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción

Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son


“Na miña vida tal vin Nesa aldea de Seráns: Unha cadela con pitos, Unha galiña con cans”. Cantiga recollida por Fermín Bouza Brey no ano 1929 O pasado mes de agosto achegámonos xunto co amigo e colaborador, o infatigábel investigador, Henrique Neira ata Seráns, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no sur do… Read More Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son

O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle


Hai tan só uns meses, o 13 de marzo, publicamos un artigo no noso blog onde dabamos conta do perigo que entendíamos corría o Marco da Eira de Mouros, xacemento non catalogado situado no concello ourensán de Cenlle, así como das comunicacións que realizabamos tanto ao concello como á Dirección Xeral de Patrimonio pedindo a… Read More O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle

As primeiras letras teenses


No ano 1988 máis de catro mil persoas participaron en Lampai na “I Festa da Cultura de Teo”. O pregoeiro daquela multitudinaria festividade foi o profesor e arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo. Na súa intervención resaltou o importante pasado histórico desta parroquia do suroeste teense, fronteira natural coas Terras de Iria. Os acontecementos presentes fixeron que… Read More As primeiras letras teenses