A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes


Moitas grazas a Ana Lombao polo fermoso debuxo da cabeza. Que o esquecemento é compañeiro inseparable do paso do tempo é ben sabido. Mais, neste eterno proceso de desmemoria, de cando en vez, algún modesto obxecto teima en permanecer entre nós, recordos de tempos pasados dos que descoñecemos moito máis do que sabemos. O valor… Read More A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes

A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción


A descuberta da área arqueolóxica da Devesa da Rula tivo lugar cando este colectivo daba os seus primeiros pasos. Daquela pareceunos oportuno adoptar o nome daquela ladeira do monte San Miguel na Portela de Villestro como un xeito de reivindicar a súa relevancia no contexto da arte rupestre da nosa comarca. Convencidos da necesidade de… Read More A Devesa da Rula. No camiño cara a destrucción

O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle


Hai tan só uns meses, o 13 de marzo, publicamos un artigo no noso blog onde dabamos conta do perigo que entendíamos corría o Marco da Eira de Mouros, xacemento non catalogado situado no concello ourensán de Cenlle, así como das comunicacións que realizabamos tanto ao concello como á Dirección Xeral de Patrimonio pedindo a… Read More O derrubo do Marco da Eira de Mouros en Cenlle

Localizada unha nova mámoa no concello de Teo, a mámoa da Cruz de Angueira


Nestes estraños días que estamos a vivir un dos nosos socios localizou nun dos seus desprazamentos laborais habituais unha mámoa situada no sitio nomeado da Cruz de Angueira, na parroquia de Lucí (concello de Teo), unha vez que os seus propietarios fixeron tarefas de limpeza e roza deste terreo de monte de 24.288 m2 Datos… Read More Localizada unha nova mámoa no concello de Teo, a mámoa da Cruz de Angueira

Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela


Non é o de Negreira un concello no que se coñezan moitas mostras de arte rupestre prehistórica. Así, no catálogo do Plan Básico Autonómico só atopamos unha referencia na parroquia de Santa María de Portor, no seu límite norte co concello da Baña, o denominado petróglifo de Lagarteiras. E ata alí nos achegamos co ánimo… Read More Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela