Novas estacións rupestres en Montouto, Teo


Comeza o ano 2021 e queremos facelo con renovadas arelas e ganas de mudar as cousas. E non concibimos mellor maneira que achegando información sobre estes novos petróglifos localizados na comarca compostelá, descuberta que nos enche de ledicia. O alto de Montouto, enclave paisaxístico e histórico O alto de Montouto e a súa aba constitúen… Read More Novas estacións rupestres en Montouto, Teo

A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes


Moitas grazas a Ana Lombao polo fermoso debuxo da cabeza. Que o esquecemento é compañeiro inseparable do paso do tempo é ben sabido. Mais, neste eterno proceso de desmemoria, de cando en vez, algún modesto obxecto teima en permanecer entre nós, recordos de tempos pasados dos que descoñecemos moito máis do que sabemos. O valor… Read More A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes

Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa

Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son


“Na miña vida tal vin Nesa aldea de Seráns: Unha cadela con pitos, Unha galiña con cans”. Cantiga recollida por Fermín Bouza Brey no ano 1929 O pasado mes de agosto achegámonos xunto co amigo e colaborador, o infatigábel investigador, Henrique Neira ata Seráns, lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no sur do… Read More Unha inscrición do século XVI en Seráns – Porto do Son

Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela


Non é o de Negreira un concello no que se coñezan moitas mostras de arte rupestre prehistórica. Así, no catálogo do Plan Básico Autonómico só atopamos unha referencia na parroquia de Santa María de Portor, no seu límite norte co concello da Baña, o denominado petróglifo de Lagarteiras. E ata alí nos achegamos co ánimo… Read More Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela