A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra


Entre as moitas especificidades que conforman a personalidade propia da nosa arte rupestre prehistórica ocupa un lugar destacado un conxunto de estacións con paneis con representacións exclusivamente de armas. Cuantitativamente son un conxunto minoritario dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre mais por diversas causas teñen sido obxecto desde sempre dunha atención preferente por parte… Read More A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra

Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.


O pasado sábado 3 de outubro tivo lugar no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro o primeiro obradoiro de iniciación á fotografía de Petróglifos. Pouco tempo atrás, cando o equipo que dirixe o parque nos propuxera a súa realización, só intuímos as dificultades que entrañaba levalo a cabo pero tamén sabiamos que dun xeito… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.

II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.


Logo de rematar esta segunda edición da ruta ós petróglifos teenses, é difícil sentirnos máis recompensados cos resultados acadados, incluso por riba das nosas ambiciosas expectativas iniciais. Nas dúas xeiras houbo cheo absoluto de participantes, sendo imposible acoller a un maior número por razóns técnicas e de seguridade. Malia todo, máis de 150 persoas puideron… Read More II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.

Obradoiro de Iniciación á fotografía de Petróglifos no PAAR de Campo Lameiro


O vindeiro sábado 12 de setembro achegarémonos ata o Parque de arte rupestre de Campo Lameiro. Os xestores do centro convidáronnos a falar  sobre a fotografía dos petróglifos e nos, como non, aceptamos gustosos o convite. O obxectivo que nos marcamos é o de proporcionar aos asistentes os coñecementos básicos para introducirse no fotografado da… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de Petróglifos no PAAR de Campo Lameiro

A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.


A localización do Petróglifo de Monte Castelo despois de 60 anos en paradoiro descoñecido. Entre as laxes esquecidas e consideradas como desaparecidas nos montes da comarca compostelá figuraba en letras maiúsculas a case lendaria laxe dúas do Monte das Pedras ou do Monte Castelo descuberta por Oscar Lojo Batalla a principios do século XX na parroquia… Read More A redescuberta do Monte Castelo. Unha excursión ó ano 1909.