O esquecemento de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza


É a gratitude unha virtude humana que adoita escasear nos nosos tempos, e esta ausencia do merecido recoñecemento semella acentuada no ámbito da ciencia arqueolóxica. Pola nosa parte non queremos caer nese vicio; é por esto que presentamos estas imaxes dos gravados, un cruciforme e zig zags presentes nun dos ortostatos da Mámoa do Rei,… Read More O esquecemento de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza

Charla sobre os nosos petróglifos na Casa da Mocidade de Moaña


O pasado luns 28 de xaneiro tivemos a ocasión de dirixirnos a través do noso vicepresidente Anxo de Prado a máis dun cento de rapaces do IES As Barxas. Anxo amosoulles a gran riqueza da nosa arte rupestre facendo especial fincapé nos conxuntos do Morrazo. Esperamos que os rapaces gozasen tanto como sabemos que gozou… Read More Charla sobre os nosos petróglifos na Casa da Mocidade de Moaña

De descubertas e outras debilidades. A voltas co Castriño de Conxo


Non hai moito tempo, concretamente o 31 de outubro do pasado ano, publicou o Correo Gallego a seguinte nova “Encuentran un nuevo grabado rupestre en el Castriño de Conxo”. Tratábase da suposta descuberta por parte de Jose Barral dunha nova espada no impresionante petróglifo. Nun primeiro momento a nova xerounos certas dúbidas pero logo da… Read More De descubertas e outras debilidades. A voltas co Castriño de Conxo

Primeira aproximación á Pedra da Legua. Un fito dos lindes de Compostela.


1 . A Pedra da Legua, un indicador viario nos lindes de Compostela. Os membros do noso colectivo non só gozamos coa contemplación dos petróglifos polo que nesta ocasión centramos a nosa atención nun interesante cruceiro, laxe con inscricións e monólito situados a escasa distancia da cidade de Compostela, a pouco máis de catro quilómetros,… Read More Primeira aproximación á Pedra da Legua. Un fito dos lindes de Compostela.