É a gratitude unha virtude humana que adoita escasear nos nosos tempos, e esta ausencia do merecido recoñecemento semella acentuada no ámbito da ciencia arqueolóxica. Pola nosa parte non queremos caer nese vicio; é por esto que presentamos estas imaxes dos gravados, un cruciforme e zig zags presentes nun dos ortostatos da Mámoa do Rei, querendo que sirvan como pequena e humilde homenaxe ao arqueólogo que escavou esta mámoa xunto a outras do Chan de Castiñeiras aló polos anos 50 do século pasado.
Desexamos que a obra de este autor, fundamental para o coñecemento da nosa arte rupestre, sexa obxecto no futuro non lonxano dunha publicación que axude a súa divulgación entre as novas xeracións e o gran público.
Para saber máis:
SOBRINO LORENZO-RUZA, R.: “Excavación de una sepultura megalítica en Moraña, Península de Morrazo (Pontevedra)”. En Noticiario Arqueológico Hispánico III-IV. 1955
SOBRINO LORENZO-RUZA, R.: “Prospecciones arqueológicas en Morrazo”. El Museo de Pontevedra. 1955
LÓPEZ GONZÁLEZ, P., PEÑA SANTOS, A. de la. “Los grabados megalíticos de la `Mámoa do Rei´, Pontevedra”. Gallaecia, I. Departamento de Prehistoria da Facultade de Xeografía e Historia. Santiago de Compostela, 1975. páxinas 63-75.
CASTRO CARRERA, J. Carlos, VÁZQUEZ COLLAZO, Santiago. “La “Mámoa do Rei”, rehabilitación de un yacimiento tumular en el marco de su puesta en valor (Chan de Castiñeiras – Vilaboa – Pontevedra)”, en V Congreso Internacional sobre Musealización de Xacementos Arqueolóxicos. Conservación e presentación de xacementos arqueolóxicos no medio rural. Impacto social no territorio. Santiago de Compostela, 2007. páxinas 205-211.
ISBN 978-84-453-4473-6