Comprácenos anunciar que o vindeiro sábado 16 de xullo visitaremos a recentemente “redescuberta” estación de arte rupestre prehistórica do Monte Castelo na parroquia de Covas, Ames.
Será a primeira ruta nocturna nas terras amienses organizada polo Colectivo A Rula e o Concello de Ames pero agardemos que só sexa a primeira de futuras colaboracións.
A actividade abrirase cunha pequena charla introductoria sobre os petróglifos da Comarca de Santiago, con especial atención aos petróglifos de Ames. De seguido, visitaremos o petróglifo do Monte Castelo 2.
Por razóns técnicas e de seguridade só podemos convidar a un pequeno grupo (60 persoas) mais prometemos repetir novas xeiras nocturnas para que todos aqueles que o desexen poidan coñecer este xacemento situado na área arqueolóxica de Ventosa que esta semana inicia a súa valorización social.
Se queredes acompañarnos só tedes que enviarnos un correo electrónico e agardar a nosa confirmación. A actividade é, como sempre, totalmente de balde.
Deixámovos o “teaser” que preparamos para ocasión….
ANOTÁDEVOS AXIÑA en colectivoarula@gmail.com !!!
Ligazóns relacionadas
- La Voz de Galicia: ” Localizan en Ames una joya del arte rupestre que se daba por perdida
- El Correo Gallego: “Limpieza y puesta en valor de petroglifos en Ventosa”
- La Voz de Galicia: “Ames y la Xunta emprenden la puesta en valor de los petroglifos de Ventosa”
[…] que tamén realizan unha gran labor de divulgación: por medio de publicacións, visitas diúrnas e nocturnas, charlas, obradoiros, contacontos, exposicións,… Na actualidade, continúan a traballar na […]