Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados


A principios deste mes un comunicado de prensa, asinado polas asociacións Umia Vivo, A Forneiriña, Irmandade illa de Tambo e o Colectivo para a defensa do territorio Anovaterra, recollía unha valoración non moi positiva do acadado, ata o momento, no marco do Proxecto Compostela Rupestre. Somos da opinión de que toda crítica razoada e construtiva… Read More Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados

O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois


Cando o ano pasado publicamos o libro – catálogo dos fondos do Arquivo gráfico de Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, agardabamos que puidera abrir novas liñas de investigación e, incluso, facilitar importantes pistas para a recuperación dalgunha das estacións de arte rupestre estudadas por este grande persoeiro da arqueoloxía galega, estacións que, a día de… Read More O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois

Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional


1) Enfocando ás Terras de Compostela O monte de Villestro-Ventosa, nos concellos de Ames e Santiago, acolle unha destacable concentración de arte rupestre prehistórica, constituíndo un dos núcleos rupestres das terras de Compostela, xunto a outra área similar no concello de Teo, no Monte Piquiño – Rio Loureiro. Nos montes con arte rupestre destes concellos… Read More Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional

Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa

Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames


A localización de laxes con arte rupestre nos castros galegos non é, nin moito menos, un feito inusual. Tanto é así que uns dos petróglifos que primeiro chamaron a atención dos eruditos, a principios do século pasado, foron os localizados no castro de Santa Tegra [1], gravados que serviron de base para a elaboración de diferentes propostas cronolóxicas… Read More Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames