Un petróglifo reutilizado en Deiro, Vilanova de Arousa


A comarca do Salnés foi unha das áreas máis poboadas durante a nosa Prehistoria Recente, servindo de porta de entrada dende a costa ó interior como reflicten moitos dos seus xacementos rupestres. Porén, tamén é unha comarca marcada polo grande impacto antrópico sobre o territorio produto da especulación urbanística e a falta de iniciativas institucionais… Read More Un petróglifo reutilizado en Deiro, Vilanova de Arousa

Un novo alquerque de 9 nas Torres de Oeste, Catoira


Froito do labor pedagóxico Tan só unhas semanas despois da visita guiada ós petróglifos da contorna da vila de Catoira, tras os pasos do seu descubridor Ramón Sobrino Lorenzo Ruza, chegou a boa nova da descuberta dun novo taboleiro de xogo medieval na contorna das torres de Oeste. Ó remate da ruta amosamos o primeiro… Read More Un novo alquerque de 9 nas Torres de Oeste, Catoira

Arte rupestre en Catoira, de Sobrino Lorenzo Ruza ós nosos días


O pasado domingo 3 de abril, 67 anos despois da visita de Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, seguimos os seus pasos nunha pequena ruta familiar organizada pola ANPA As Lombas de Catoira e Cristina Conde Escaloni. Segundo recollen os datos da súa axenda persoal e apuntamentos diversos o arqueólogo pontevedrés comezou aquela xornada primaveral de… Read More Arte rupestre en Catoira, de Sobrino Lorenzo Ruza ós nosos días

Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados


A principios deste mes un comunicado de prensa, asinado polas asociacións Umia Vivo, A Forneiriña, Irmandade illa de Tambo e o Colectivo para a defensa do territorio Anovaterra, recollía unha valoración non moi positiva do acadado, ata o momento, no marco do Proxecto Compostela Rupestre. Somos da opinión de que toda crítica razoada e construtiva… Read More Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados

Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa