O petróglifo da Costa en Mallos, Teo. Un novo petróglifo na ribeira do Ulla


Contexto xeral A comezos da década de 1930, Juan Pérez Millán, o cóengo arquiveiro da catedral compostelá, comunica ó seu amigo o arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas a presenza de gravados na Laxe da Estivada de Abaixo na contorna da aldea teense de Mallos.   E así é que o citado arqueólogo inclúe unha pequena referencia a… Read More O petróglifo da Costa en Mallos, Teo. Un novo petróglifo na ribeira do Ulla

A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I


“Algunos tenemos fe y hacemos memoria en favor de la historia que nos queremos creer”. Algunos tenemos fe. Viva Suecia Proseguimos no concello da Baña coa revisión que estamos a facer da arte rupestre dos concellos limítrofes coa comarca de Santiago. Nesta ocasión, ocupámonos dos 9 xacementos arqueolóxicos da Baña recollidos no Plan Básico Autonómico… Read More A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I

Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela


O Monte San Miguel é vizoso en toxo, eucaliptos e petróglifos, unha mestura de difícil equilibrio. O actual abandono, case xeneralizado das pequenas parcelas de propiedade privada nas que se divide, dificulta moito a conservación e investigación da súa arte rupestre. Así é que, despois de case 10 anos das primeiras estacións descubertas no lugar,… Read More Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela

A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes


Moitas grazas a Ana Lombao polo fermoso debuxo da cabeza. Que o esquecemento é compañeiro inseparable do paso do tempo é ben sabido. Mais, neste eterno proceso de desmemoria, de cando en vez, algún modesto obxecto teima en permanecer entre nós, recordos de tempos pasados dos que descoñecemos moito máis do que sabemos. O valor… Read More A misteriosa cabeza de Freixo de Sabardes en Outes

O Marco da Eira de Mouros no concello ourensán de Cenlle en PERIGO


Non é a comarca do Ribeiro especialmente rica en arte rupestre prehistórica, pero algúns gravados si que son coñecidos desde hai certo tempo. O primeiro xacemento deste tipo coñecido foi o gravado de Vide cuxo debuxo remite á Real Academia de la Historia o seu correspondente Ramón Barros Sibelo nun comunicado de 11 de maio de… Read More O Marco da Eira de Mouros no concello ourensán de Cenlle en PERIGO