A estación do Monte San Lois e o “banco panorámico”. Primeiro petróglifo localizado no concello de Noia


Dedicado ás mulleres da Barquiña, núcleo orixinario de Noia, visible desde este lugar Diferentes formas de descubrir o Monte San Lois Nunha visita ao Monte San Lois, emblemático monte na ría de Noia, na procura de conexións visuais entre este monte e o Monte Louro, atopamos uns gravados prehistóricos ata o de agora non catalogados.… Read More A estación do Monte San Lois e o “banco panorámico”. Primeiro petróglifo localizado no concello de Noia

A mámoa do Porto. Nova localización en Tordoia


No mes de agosto do ano pasado achegámonos ata as terras de Tordoia para botarlle unha ollada á Pedra Longa. O párroco Manuel Chouciño estivera días antes a pescudar nesta impresionante formación xeolóxica na procura de marcas, gravados dos que dan conta antigos escritos e ditos que se conservaron entre os veciños da parroquia de… Read More A mámoa do Porto. Nova localización en Tordoia

Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.


A Rula voa de novo cara novos horizontes detrás de antigos misterios que noutrora ilustres viaxeiros deixaron pendentes. Os membros deste pequeno Colectivo sentimos especial devoción por aqueles recunchos do país nos que agroman antigos lugares que forman parte intrínseca da nosa historia aínda que ás veces non nos decatemos con facilidade, e, cómpre por… Read More Berdoias, terra de megalitos, petróglifos e fidalgos.

“A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas


“A Loba (2001-2016), membro animal fundador do Colectivo, que nos acaba de deixar na procura dos misterios que se agochan nos solsticios.” A descuberta da Pedra da Grada No sempre dinámico panorama dos estudos da arte rupestre galaica xorden a cotío novidades que evidencian as limitacións que presenta o actual catálogo de xacementos de arte… Read More “A grade prehistórica”. A Pedra da Grada ou dos Tres Curas, un novo deseño de tipo Outeiro do Corno na comarca de Caldas