Visita guiada aos Taboleiros de xogo de Compostela
Queres acompañarnos o vindeiro sábado 24 de marzo a coñecer os taboleiros de xogo de Compostela? Apúntate no noso correo electrónico.
Queres acompañarnos o vindeiro sábado 24 de marzo a coñecer os taboleiros de xogo de Compostela? Apúntate no noso correo electrónico.
Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO, no ano 1985. Tal consideración levou, nos anos seguintes, a un considerable aumento do interese nela por parte de eruditos e investigadores das máis diversas ramas do saber, multiplicándose desde aquela as publicacións e… Read More Primeira aproximación aos taboleiros de xogo da Compostela barroca.
O traballo de documentación dunha nova ruta de sendeirismo na ribeira media do Ulla levou ós técnicos do concello de Touro á localización dunha nova mostra de arte rupestre do grupo galaico de enorme interese pola súa situación, historia, morfoloxía e soporte. Os veciños das parroquias de San Martiño de Calvos de Socamiño e Santa… Read More A Pena Furada, o primeiro petróglifo do Concello de Touro
Achegámosvos unhas imaxes e vídeo dunha aliñación arqueoastronómica no solsticio de inverno entre os outeiros do Meau e o Outeiro do Ledo na área arqueolóxica do Monte Piquiño no Concello de Teo. Dende o Petróglifo do Meau puidemos contemplar a saída do sol xusto por riba da peneda do petróglifo do Trono do Raíña situado… Read More Solsticio de inverno no Monte Piquiño
Este artigo foi elaborado a proposta da revista Jael Joyas de Galicia , publicándose nunha versión resumida adaptada ó formato da revista e que podedes consultar no seguinte enderezo: Revista Jael Joyas de Galicia, 12. Localización dos gravados coruñeses. No extremo norte da cidade herculina e desafiando as ondas do Atlántico no agreste litoral do Golfo… Read More Os gravados rupestres na contorna da Torre de Hércules