Os petróglifos da Pedra dos Miralles ao carón da Pedra que Fala en San Xoán de Fecha, Compostela


A monumental Pedra que Fala é, hoxe en día, unha estación rupestre coñecida, en boa medida grazas á publicación, no ano 1968, do excelente estudo monográfico de Carlos García Martínez. Foi o intelectual compostelán un destacado investigador da nosa arte rupestre, cun dilatado número de publicacións sobre a materia no seu haber, felizmente recollidas na… Read More Os petróglifos da Pedra dos Miralles ao carón da Pedra que Fala en San Xoán de Fecha, Compostela

O petróglifo do Gavis. A primeira estación de arte Atlántica do concello de Val do Dubra e o proxecto do parque eólico de Vilartoxo


O pasado mes de abril os técnicos da empresa Zeta Arqueoloxía, S.L., encargados do Informe de impacto sobre o patrimonio dun dos parques eólicos proxectados no concello de Val do Dubra, o do parque eólico de Vilartoxo, localizaron na parroquia de San Román, no lugar de Xermil, a primeira estación de arte rupestre prehistórica do… Read More O petróglifo do Gavis. A primeira estación de arte Atlántica do concello de Val do Dubra e o proxecto do parque eólico de Vilartoxo

A estación da Quenlla dos Carballos na Estrada. Un santuario rupestre cunha dedicatoria a Diana na ribeira do Ulla


As gratas sorpresas continúan no traballo de revisión que estamos a facer nos últimos meses dos xacementos rupestres da contorna inmediata da comarca de Santiago. Nesta ocasión cruzamos á outra beira do Ulla para achegármonos ata o veciño Concello da Estrada a visitar a estación catalogada co nome de “Quenlla dos Castiñeiros” e que, malia… Read More A estación da Quenlla dos Carballos na Estrada. Un santuario rupestre cunha dedicatoria a Diana na ribeira do Ulla

Non ao parque eólico no Monte Piquiño


Hai pouco máis dun mes mostrábamos a nosa preocupación ante as primeiras novas que chegaban dende o goberno teense en relación á posible construción dun parque eólico na área do Monte Piquiño. En 2012 xa loitamos para evitar a construción dun proxecto promovido pola empresa Beltaine que tentaba realizar un parque eólico nos concellos de… Read More Non ao parque eólico no Monte Piquiño

Os bens arqueolóxicos, un patrimonio moi molesto. Os novos bancos panorámicos do castro de San Sebastián en Touro


A nosa dilatada historia ten deixado, espalladas, por todo o territorio do país, multitude de pegadas. As comunidades neolíticas e do Ferro monopolizaron os mellores lugares, “urbanizando” os máis fermosos miradoiros naturais. E tal empeño tiveron que no que non hai un castro é porque xa había antes unha necrópole megalítica. E falamos de varios… Read More Os bens arqueolóxicos, un patrimonio moi molesto. Os novos bancos panorámicos do castro de San Sebastián en Touro