Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!


Comprácenos anunciar que o vindeiro sábado 16 de xullo visitaremos a recentemente “redescuberta” estación de arte rupestre prehistórica do Monte Castelo na parroquia de Covas, Ames. Será a primeira ruta nocturna nas terras amienses organizada polo Colectivo A Rula e o Concello de Ames pero agardemos que só sexa a primeira de futuras colaboracións. A… Read More Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!

Visita nocturna pola Devesa da Rula


Comeza o verán e cumprimos o terceiro aniversario do Colectivo. Que mellor momento para anunciarvos a primeira das nosas xeiras nocturnas pola comarca neste xullo que prognostican caloroso. Iniciamos o noso periplo polo noso patio de xogos particular, a Devesa da Rula, o próximo sábado 9 de xullo. Será unha nova noite de estrelas e petróglifos… Read More Visita nocturna pola Devesa da Rula

A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra


Entre as moitas especificidades que conforman a personalidade propia da nosa arte rupestre prehistórica ocupa un lugar destacado un conxunto de estacións con paneis con representacións exclusivamente de armas. Cuantitativamente son un conxunto minoritario dentro do Grupo Galaico de Arte Rupestre mais por diversas causas teñen sido obxecto desde sempre dunha atención preferente por parte… Read More A Pedra Ancha do Camiño de Fisterra

Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.


O pasado sábado 3 de outubro tivo lugar no Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro o primeiro obradoiro de iniciación á fotografía de Petróglifos. Pouco tempo atrás, cando o equipo que dirixe o parque nos propuxera a súa realización, só intuímos as dificultades que entrañaba levalo a cabo pero tamén sabiamos que dun xeito… Read More Obradoiro de Iniciación á fotografía de petróglifos. Resumo.

II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.


Logo de rematar esta segunda edición da ruta ós petróglifos teenses, é difícil sentirnos máis recompensados cos resultados acadados, incluso por riba das nosas ambiciosas expectativas iniciais. Nas dúas xeiras houbo cheo absoluto de participantes, sendo imposible acoller a un maior número por razóns técnicas e de seguridade. Malia todo, máis de 150 persoas puideron… Read More II andaina nocturna ós petróglifos de Teo, Resumo.