Os Petróglifos de Mallos en Santa María de Teo


Situación A estación de arte rupestre coñecida baixo as denominacións de “Laxe da Estivada de Abaixo”, “Laxe da Estivada de Mallos”, “Laxe de Abaixo” ou simplemente “Petróglifo de Mallos”, emprázase no lugar de Mallos na parroquia de Santa María de Teo, coordenadas UTM: 29 T 539261 4733831 [1] e a unha altura de 83 m.s.n.m.… Read More Os Petróglifos de Mallos en Santa María de Teo

Solsticio de inverno no Monte Piquiño


Achegámosvos unhas imaxes e vídeo dunha aliñación arqueoastronómica no solsticio de inverno entre os outeiros do Meau e o Outeiro do Ledo na área arqueolóxica do Monte Piquiño no Concello de Teo. Dende o Petróglifo do Meau puidemos contemplar a saída do sol xusto por riba da peneda do petróglifo do Trono do Raíña situado… Read More Solsticio de inverno no Monte Piquiño

Petróglifos e lumes forestais


O pasado mércores día 26 tivemos a ocasión de participar nunha interesante xornada organizada por “Compostela Aberta”, co título de “Petróglifos e lumes forestais: xornadas sobre o Patrimonio Cultural do Concello de Santiago de Compostela”. Logo da terrible vaga de lumes do pasado verán, con lamentable incidencia na área arqueolóxica da Portela de Villestro no… Read More Petróglifos e lumes forestais

A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela


No Colectivo A Rula tiñamos sospeitas de que máis tarde ou máis cedo aparecerían no termo municipal de Compostela máis representacións de tipo naturalista pero non imaxinábamos que tivese estas dimensións e relevancia. De feito, no seu día escollimos como logo da nosa pequena comunidade o único zoomorfo localizado ate ese intre nas terras de… Read More A primeira gran laxe de arte naturalista en Compostela

Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!


Comprácenos anunciar que o vindeiro sábado 16 de xullo visitaremos a recentemente “redescuberta” estación de arte rupestre prehistórica do Monte Castelo na parroquia de Covas, Ames. Será a primeira ruta nocturna nas terras amienses organizada polo Colectivo A Rula e o Concello de Ames pero agardemos que só sexa a primeira de futuras colaboracións. A… Read More Visita nocturna ó petróglifo do Monte Castelo en Ames. Últimas prazas !!!