Non ao parque eólico no Monte Piquiño


Hai pouco máis dun mes mostrábamos a nosa preocupación ante as primeiras novas que chegaban dende o goberno teense en relación á posible construción dun parque eólico na área do Monte Piquiño. En 2012 xa loitamos para evitar a construción dun proxecto promovido pola empresa Beltaine que tentaba realizar un parque eólico nos concellos de… Read More Non ao parque eólico no Monte Piquiño

O petróglifo da Costa en Mallos, Teo. Un novo petróglifo na ribeira do Ulla


Contexto xeral A comezos da década de 1930, Juan Pérez Millán, o cóengo arquiveiro da catedral compostelá, comunica ó seu amigo o arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas a presenza de gravados na Laxe da Estivada de Abaixo na contorna da aldea teense de Mallos.   E así é que o citado arqueólogo inclúe unha pequena referencia a… Read More O petróglifo da Costa en Mallos, Teo. Un novo petróglifo na ribeira do Ulla

A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I


“Algunos tenemos fe y hacemos memoria en favor de la historia que nos queremos creer”. Algunos tenemos fe. Viva Suecia Proseguimos no concello da Baña coa revisión que estamos a facer da arte rupestre dos concellos limítrofes coa comarca de Santiago. Nesta ocasión, ocupámonos dos 9 xacementos arqueolóxicos da Baña recollidos no Plan Básico Autonómico… Read More A Pena de Alde. Arte rupestre do concello da Baña I

Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional


1) Enfocando ás Terras de Compostela O monte de Villestro-Ventosa, nos concellos de Ames e Santiago, acolle unha destacable concentración de arte rupestre prehistórica, constituíndo un dos núcleos rupestres das terras de Compostela, xunto a outra área similar no concello de Teo, no Monte Piquiño – Rio Loureiro. Nos montes con arte rupestre destes concellos… Read More Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional

Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela


O Monte San Miguel é vizoso en toxo, eucaliptos e petróglifos, unha mestura de difícil equilibrio. O actual abandono, case xeneralizado das pequenas parcelas de propiedade privada nas que se divide, dificulta moito a conservación e investigación da súa arte rupestre. Así é que, despois de case 10 anos das primeiras estacións descubertas no lugar,… Read More Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela