Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova


“A imaxinación non sabería inventar tantas e tan variadas contradicións como existen naturalmente no corazón de cada un”. François de la Rochefocauld Recuperadas as nosas forzas, días despois continuamos na procura dos gravados que hai máis de 25 anos visitaran Fernando Alonso en compaña de Luís Monteagudo, descubridor da laxe principal da área arqueolóxica de… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I


Hai propostas que non se poden rexeitar, e máis se quen a fai é alguén como o profesor Fernando Alonso Romero. E si ademais, a proposta consiste na visita dun petróglifo compostelán descoñecido para nós, a obriga de atender á demanda é, si cabe, maior. Así, aceptamos sen pensalo moito e presentámonos puntuais á cita dominical co insigne… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) I

O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.


A primeira hora do pasado mércores 15 de maio recibimos unhas fotografías de varios gravados do Castriño de Conxo danados, algúns completamente riscados. Esa mesma tarde non tardamos en achegarnos ata alí para facer unha primeira análise dos danos. A primeira vista observamos graves alteracións na pátina de catro figuras situadas no panel inferior da… Read More O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.

Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames


A localización de laxes con arte rupestre nos castros galegos non é, nin moito menos, un feito inusual. Tanto é así que uns dos petróglifos que primeiro chamaron a atención dos eruditos, a principios do século pasado, foron os localizados no castro de Santa Tegra [1], gravados que serviron de base para a elaboración de diferentes propostas cronolóxicas… Read More Monte Castelo 4. Un novo petróglifo na contorna do Castro de Monte Castelo, Ames