Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional


1) Enfocando ás Terras de Compostela O monte de Villestro-Ventosa, nos concellos de Ames e Santiago, acolle unha destacable concentración de arte rupestre prehistórica, constituíndo un dos núcleos rupestres das terras de Compostela, xunto a outra área similar no concello de Teo, no Monte Piquiño – Rio Loureiro. Nos montes con arte rupestre destes concellos… Read More Os montes de interese patrimonial e ambiental: atrancos e tendencias na súa ordenación multifuncional

Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela


O Monte San Miguel é vizoso en toxo, eucaliptos e petróglifos, unha mestura de difícil equilibrio. O actual abandono, case xeneralizado das pequenas parcelas de propiedade privada nas que se divide, dificulta moito a conservación e investigación da súa arte rupestre. Así é que, despois de case 10 anos das primeiras estacións descubertas no lugar,… Read More Os Cortellos 4. Unha nova estación na Portela de Villestro – Compostela

Novas estacións rupestres en Montouto, Teo


Comeza o ano 2021 e queremos facelo con renovadas arelas e ganas de mudar as cousas. E non concibimos mellor maneira que achegando información sobre estes novos petróglifos localizados na comarca compostelá, descuberta que nos enche de ledicia. O alto de Montouto, enclave paisaxístico e histórico O alto de Montouto e a súa aba constitúen… Read More Novas estacións rupestres en Montouto, Teo

O castelo altomedieval de Rubial no monte Oleirón (Brión-Rois)


O pasado 21 de maio a entidade “Alianza Fragas do Sar”, integrada por un grupo de veciños e veciñas dos concellos coruñeses de Brión e Rois, solicitáronnos información sobre o patrimonio cultural na zona afectada pola instalación do futuro Parque Eólico do Monte Oleirón que promove Norvento Ingeniería. Código do proxecto: 11E02. Acordamos facilitar os… Read More O castelo altomedieval de Rubial no monte Oleirón (Brión-Rois)

Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa


A localización nos últimos anos de novos gravados zoomorfos de carácter esquemático apartados do canon tradicional dos petróglifos galaicos, mais convivindo con eles e, incluso, compartindo os mesmos paneis cos gravados de estilos clásicos, lévanos a desbotar vellas teorías de fronteiras de estilos, que se esvaecen coa localización de novos motivos esquemáticos ó norte da… Read More Arte esquemática no monte Xiabre – Vilagarcía de Arousa