A mámoa do Porto. Nova localización en Tordoia


No mes de agosto do ano pasado achegámonos ata as terras de Tordoia para botarlle unha ollada á Pedra Longa. O párroco Manuel Chouciño estivera días antes a pescudar nesta impresionante formación xeolóxica na procura de marcas, gravados dos que dan conta antigos escritos e ditos que se conservaron entre os veciños da parroquia de… Read More A mámoa do Porto. Nova localización en Tordoia

O marco da Potra, un miliario romano entre Teo e Vedra


Unha vez máis, grazas ó mestre e investigador Guillermo Raviña, veciño da parroquia de Bamonde, descubrimos a existencia deste antigo marco situado na aldea de Lamas (Bamonde – Teo). Segundo as fontes orais recompiladas un marco que existía “dende sempre”, sendo moi coñecido entre a veciñanza máis maior da contorna. “Contan que levaban as vacas… Read More O marco da Potra, un miliario romano entre Teo e Vedra

Os petróglifos da Fonte Matanzas no monte Espiñeira, Compostela


A miúdo ése inxusto por omisión, e non só por acción. Marco Aurelio Para a análise das novas estacións de arte rupestre é imprescindible a consulta de diversas fontes cartográficas. Neste senso, a capa WMS do Plan Básico Autonómico da Xunta permítenos analizar, a través de diversos sistemas de información xeográfica (XIG), a xeolocalización dos… Read More Os petróglifos da Fonte Matanzas no monte Espiñeira, Compostela

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) III. O petróglifo dos Gorgulliños


Hai certas regras informais, non escritas, en ocasións non facilmente demostrables pero que, a forza de repetirse, non deberían tomarse á lixeira. No eido dos petróglifos unha desas regras é a que di que onde hai un petróglifo adoita haber máis. Por iso, unha vez localizamos as estacións da Casa do Frade, non podíamos deixar… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) III. O petróglifo dos Gorgulliños

Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova


“A imaxinación non sabería inventar tantas e tan variadas contradicións como existen naturalmente no corazón de cada un”. François de la Rochefocauld Recuperadas as nosas forzas, días despois continuamos na procura dos gravados que hai máis de 25 anos visitaran Fernando Alonso en compaña de Luís Monteagudo, descubridor da laxe principal da área arqueolóxica de… Read More Á procura dos petróglifos do Monte da Fontecova (Compostela) II. Os cervos do Fontecova