A Peneda Negra – Ames
Esta fin de semana pasada soubemos a través das redes sociais da concesión por parte do Ministerio de Educación e Ciencia ao Instituto de Educación Secundaria de Ames dun dos Premios nacionais de Educación a Centros Docentes, polo seu traballo Os Petróglifos de Ames no que tivemos a oportunidade de colaborar co aporte dalgunha imaxe e uns pequenos consellos.
Desde aquí queremos felicitar aos alumnos e docentes polo bo traballo feito e especialmente a súa coordinadora Eva Garea.
Desexamos que este premio sirva para animalos a continuar realizando tan interesantes propostas. Desexamos tamén que sirva para que o Concello de Ames faga unha eficaz difusión e valorización da súa moi interesante arte rupestre prehistórica. Fai xa un tempo tivemos un primeiro contacto co concello para proporlles o establecemento dunha ruta a algunha das súas estacións rupestre máis interesantes e a posterior realización dunha andaina, así como o ofrecemento da nosa colaboración no estudo e catalogación de outras laxes inéditas situadas no seu concello. As nosas propostas foron naquel momento ben recibidas. Animámolos pois a facer realidade estas propostas.
Para saber mais: