O vindeiro sábado 17 de novembro con motivo da celebración do Día internacional do Patrimonio e dentro da iniciativa conxunta dos membros da Rede do Patrimonio Cultural, o Colectivo A Rula xunto co Concello de Santiago de Compostela, a través da súa Concellaría de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, convidámosvos a realizar unha visita nocturna para coñecer o Petróglifo do Castriño de Conxo.
“Ás portas de Compostela, entre Vidán, a Choupana, Conxo, Anido e a Rocha, á beira da estrada que conduce a Pontevedra e ó comezo da costa que descende á ponte da Rocha, no bordo dun pequeno noiro do pequeno castro (…) tivo o meu fillo Ramón Sobrino Lorenzo (…) a fortuna de descubrir un penedo de granito fino (…) con gravados de arte rupestre de estilo galaico – portugués.”
Ramón Sobrino Buhigas, extracto traducido ó galego do artigo publicado no Faro de Vigo o 1 de agosto de 1935 intitulado “Petróglifos Compostelanos de la Edad de Bronce”.
Animádevos a participar. Prazas limitadas. Podédesvos inscribir no seguinte formulario accesible a través do código QR ou a ligazón: https://goo.gl/5SwPRU