Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados


A principios deste mes un comunicado de prensa, asinado polas asociacións Umia Vivo, A Forneiriña, Irmandade illa de Tambo e o Colectivo para a defensa do territorio Anovaterra, recollía unha valoración non moi positiva do acadado, ata o momento, no marco do Proxecto Compostela Rupestre. Somos da opinión de que toda crítica razoada e construtiva… Read More Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados

O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois


Cando o ano pasado publicamos o libro – catálogo dos fondos do Arquivo gráfico de Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza, agardabamos que puidera abrir novas liñas de investigación e, incluso, facilitar importantes pistas para a recuperación dalgunha das estacións de arte rupestre estudadas por este grande persoeiro da arqueoloxía galega, estacións que, a día de… Read More O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois

Os petróglifos da Pedra dos Miralles ao carón da Pedra que Fala en San Xoán de Fecha, Compostela


A monumental Pedra que Fala é, hoxe en día, unha estación rupestre coñecida, en boa medida grazas á publicación, no ano 1968, do excelente estudo monográfico de Carlos García Martínez. Foi o intelectual compostelán un destacado investigador da nosa arte rupestre, cun dilatado número de publicacións sobre a materia no seu haber, felizmente recollidas na… Read More Os petróglifos da Pedra dos Miralles ao carón da Pedra que Fala en San Xoán de Fecha, Compostela

O petróglifo do Gavis. A primeira estación de arte Atlántica do concello de Val do Dubra e o proxecto do parque eólico de Vilartoxo


O pasado mes de abril os técnicos da empresa Zeta Arqueoloxía, S.L., encargados do Informe de impacto sobre o patrimonio dun dos parques eólicos proxectados no concello de Val do Dubra, o do parque eólico de Vilartoxo, localizaron na parroquia de San Román, no lugar de Xermil, a primeira estación de arte rupestre prehistórica do… Read More O petróglifo do Gavis. A primeira estación de arte Atlántica do concello de Val do Dubra e o proxecto do parque eólico de Vilartoxo

O tesouro do VI exército do mariscal Ney en Laraño, Compostela


Á soñadora Nerea A pesar de que o exército napoleónico apenas ocupou Galicia durante 6 meses, entre os meses de xaneiro e xuño de 1809, durante a Guerra da Independencia Española, a súa violenta estadía deixou entre nós unha fonda pegada. Son numerosas as historias e lendas que falan da súa avaricia, dos abusos, destrucións… Read More O tesouro do VI exército do mariscal Ney en Laraño, Compostela