Lume no Piquiño. O incendio de Herbón dana e pon en perigo á gran necrópole megalítica de Teo


O incendio desta pasada fin de semana que comezou en Herbón (Padrón) e chegou a Teo deixou unha ferida na paisaxe de máis de 350 ha. Salvagardar vidas e vivendas é sempre o prioritario. Porén, o lume afecta á paisaxe, á vexetación, á fauna e ós bens patrimoniais que acubillan os montes. Neste caso, danou ó Monte Piquiño, unha das áreas arqueolóxicas máis importantes da comarca… Read More Lume no Piquiño. O incendio de Herbón dana e pon en perigo á gran necrópole megalítica de Teo

Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados


A principios deste mes un comunicado de prensa, asinado polas asociacións Umia Vivo, A Forneiriña, Irmandade illa de Tambo e o Colectivo para a defensa do territorio Anovaterra, recollía unha valoración non moi positiva do acadado, ata o momento, no marco do Proxecto Compostela Rupestre. Somos da opinión de que toda crítica razoada e construtiva… Read More Compostela Rupestre. Breve resumo de resultados

Non ao parque eólico no Monte Piquiño


Hai pouco máis dun mes mostrábamos a nosa preocupación ante as primeiras novas que chegaban dende o goberno teense en relación á posible construción dun parque eólico na área do Monte Piquiño. En 2012 xa loitamos para evitar a construción dun proxecto promovido pola empresa Beltaine que tentaba realizar un parque eólico nos concellos de… Read More Non ao parque eólico no Monte Piquiño