Suma e segue. Agresións ao patrimonio arqueolóxico da comarca de Santiago


Nun concello como o de Teo con preto de 80 xacementos megalíticos catalogados é máis que significativo que non exista ningún en condicións de ser visitado. A veciñanza teense e a cidadanía en xeral non pode valorar un legado herdado de xeración en xeración que é totalmente descoñecido a pesares de contar cun valor social… Read More Suma e segue. Agresións ao patrimonio arqueolóxico da comarca de Santiago

Localizada unha nova mámoa no concello de Teo, a mámoa da Cruz de Angueira


Nestes estraños días que estamos a vivir un dos nosos socios localizou nun dos seus desprazamentos laborais habituais unha mámoa situada no sitio nomeado da Cruz de Angueira, na parroquia de Lucí (concello de Teo), unha vez que os seus propietarios fixeron tarefas de limpeza e roza deste terreo de monte de 24.288 m2 Datos… Read More Localizada unha nova mámoa no concello de Teo, a mámoa da Cruz de Angueira

Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela


Non é o de Negreira un concello no que se coñezan moitas mostras de arte rupestre prehistórica. Así, no catálogo do Plan Básico Autonómico só atopamos unha referencia na parroquia de Santa María de Portor, no seu límite norte co concello da Baña, o denominado petróglifo de Lagarteiras. E ata alí nos achegamos co ánimo… Read More Arte rupestre do concello de Negreira. A localización do petróglifo da Pedra Capela

O Marco da Eira de Mouros no concello ourensán de Cenlle en PERIGO


Non é a comarca do Ribeiro especialmente rica en arte rupestre prehistórica, pero algúns gravados si que son coñecidos desde hai certo tempo. O primeiro xacemento deste tipo coñecido foi o gravado de Vide cuxo debuxo remite á Real Academia de la Historia o seu correspondente Ramón Barros Sibelo nun comunicado de 11 de maio de… Read More O Marco da Eira de Mouros no concello ourensán de Cenlle en PERIGO

A estación do Monte San Lois e o “banco panorámico”. Primeiro petróglifo localizado no concello de Noia


Dedicado ás mulleres da Barquiña, núcleo orixinario de Noia, visible desde este lugar Diferentes formas de descubrir o Monte San Lois Nunha visita ao Monte San Lois, emblemático monte na ría de Noia, na procura de conexións visuais entre este monte e o Monte Louro, atopamos uns gravados prehistóricos ata o de agora non catalogados.… Read More A estación do Monte San Lois e o “banco panorámico”. Primeiro petróglifo localizado no concello de Noia