O petróglifo do Roxido. Un novo petróglifo de armas en Compostela


Amplíase o catálogo de estacións rupestres do concello de Santiago ca descuberta dunha nova laxe con gravados localizada no norte do municipio polo veciño Alfonso Conde, ao que lle agradecemos tivese pensado en nós para realizar o seu estudo. Nesta nova estación destaca a presenza da representación dunha alabarda, o que a convirte na terceira estación rupestre da comarca con armas coñecida, xunto co Castriño de Conxo descuberta no ano 1935 e o Outeiro do Corno teense publicada no ano 2004 e descuberta nos anos 50 do pasado século.… Read More O petróglifo do Roxido. Un novo petróglifo de armas en Compostela

Unha nova ara romana ao deus Xúpiter e un entrelazado de nós castrexo en San Vicente de Fervenzas, Aranga, A Coruña


No lugar da Igrexa da parroquia de San Vicente de Fervenzas todo se ordena ao redor do seu templo parroquial e, para comprobar esta afirmación só se precisa atender ao seu topónimo, A Igrexa. Hoxe en día, o templo presenta unha sinxela fisionomía propia do noso barroco rural, pero que aínda conserva interesantes elementos arquitectónicos… Read More Unha nova ara romana ao deus Xúpiter e un entrelazado de nós castrexo en San Vicente de Fervenzas, Aranga, A Coruña

A Pedra da Patada da Mula e a Mámoa da Moa do Zapateiro de Coristanco


No Colectivo A Rula sentimos especial devoción polos espazos onde os patrimonios inmaterial e material conflúen. As lendas e tradicións que preservan as penedas, os ríos, as pozas, as fontes, os montes…, son referentes esenciais que conectan a diferentes xeracións dunha mesma comunidade, conformando unha memoria colectiva, a da transmisión oral de coñecementos, valores culturais,… Read More A Pedra da Patada da Mula e a Mámoa da Moa do Zapateiro de Coristanco

Arte rupestre da Costa da Morte. Novos petróglifos na Ameixenda, Cee. Os petróglifos da Laxe da Fontefría e da Pedra Raposa


Presentamos dúas estacións de arte rupestre recentemente localizadas polos veciños da parroquia da Ameixenda na Braña de Banle, concello de Cee, así como outros elementos de interese do noso pasado. Se algo bo ten producido a febre eólica que asola o país é que moitos galegos están a descubrir o valor dos bens máis próximos… Read More Arte rupestre da Costa da Morte. Novos petróglifos na Ameixenda, Cee. Os petróglifos da Laxe da Fontefría e da Pedra Raposa